cartel de sueños obra de teatro. En el medio aparecen los tres actores: anxo outumuro en la izquierda, victoria perez en el medio y sara ferro a la derecha. Los tres miran de frente. Detrás de ellos una apred de ladrillo con grafitis

“Soños”: a obra de teatro que busca desestigmatizar á mocidade tutelada

En 2020 había case 2.000 menores tutelados en Galicia, 650 en situación de garda, 1.200 en acollemento familia e outros tantos (1.200 máis) en acollemento residencial. É dicir, máis de 6.000 nenos e nenas afectados por esta situación.

cartaz de soños con anxo outumuro na esquerda, victoria pérez no medio e sara ferro á dereita. Enriba deles a palabra soños en grande. Os tres actores miran á cámara e detrás teñen un muro de ladrillos con grafitisOs prexuízos cara os mozos e mozas en situación de tutela aínda viven en moitos ámbitos da sociedade. Delincuencia ou comportamentos agresivos son estigmas inxustos que etiquetan a adolescentes, nenos e nenas aos que simplemente tocoulles vivir unha situación máis difícil. Os estigmas engaden máis peso á desigualdade social que xa padecen estes rapaces e rapazas.

En Igaxes levamos anos traballando na desestigmatización. Campañas como #NonNosXulgues, #AmochilaQueMáisPesa ou #Resalire, amosan o grande esforzo que dende a entidade estamos a facer para desmontar estes prexuízos que tanto dañan. Este ano, no que ademáis se cumpren 25 anos da creación do Programa Mentor, aliámonos co mundo do teatro para abrir as portas dunha vivenda tutelada. Queremos camiñar cara a empatía dos espectadores e achegarmos ao maior número de persoas posibles.

“Soños”, unha coprodución de Igaxes e as produtoras Artefeito e Culturactiva, está escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa. Anxo Outumuro e Sara Ferro darán vida a dous rapaces da vivenda, acompañados en escena pola súa educadora, interpretada por Victoria Pérez. Durante a representación, deixarannos entrar nunha vivenda do Programa Mentor e nos soños dos e das rapazas, moi similares aos do resto de adolescentes da súa idade… Ou non?