“O apoio á infancia e a xuventude máis vulnerable é o piar dunha sociedade xusta e equitativa. Se apostamos polas nenas e nenos hoxe, eles construirán un mundo aínda mellor mañá.”
— Fernando García, xerente da Fundación Laboral da Construción de Galicia
Moitas mozas e mozos sen recursos necesitan unha oportunidade laboral que lles permita comezar a escribir o guión das súas vidas. Contratando unha persoa farás posible ese cambio decisivo.
Facendo unha aportación directa, a túa empresa fará posible que poidamos ofrecerlle protección e garantir o acceso á educación a cada vez máis nenas e nenos en situación de pobreza en Galicia.
Tanto se es unha empresa de bens como de servizos, podes asinar un compromiso coa infancia e a xuventude destinando unha porcentaxe dos beneficios dun produto aos nosos programas de atención directa.
Levamos máis de 10 anos colaborando co empresariado galego. Xuntas podemos deseñar unha alianza estratéxica capaz de cambiar as vidas de moitas nenas, nenos e mozos da túa localidade ou territorio de referencia.
O teu compromiso desgrava. A túa empresa pode deducir o 35% da doazón realizada. E se mantés ou aumentas durante 3 anos a túa aportación a igaxes, a desgravación increméntase ao 40%.
O PRIMEIRO ANO
A PARTIR DO 3º ANO
Colabora e sela o teu compromiso coa infancia e a xuventude. A túa empresa pode ser a chave do futuro para moitas nenas, nenos e rapaces da túa propia localidade.
Consúltanos
Estamos á túa disposición.
981 56 16 87
colabora@igaxes.org