Infancia segura

Todas as nenas e nenos teñen dereito a unha protección especial e a vivir nun espazo adecuado para o seu desenvolvemento

Infancia segura. Protección para miles de menores que viven cada día sin protección
Testimonio de Africa
icon-testimonios

“Antes tiña medo. Non sabía como podería enfrontarme á vida eu soa. Hoxe xa non o teño. Estando en igaxes aprendín a valerme por min mesma e agora estou estudando e traballando ao mesmo tempo.”

— África, 17 anos

Miles de
menores

viven cada día sen a protección que calquera neno necesita

O 25% das nenas, nenos e adolescentes galegos está en risco de pobreza. Miles de menores viven cada día sen a protección que calquera neno necesita para crecer e desenvolverse. Pero esa protección é indispensable para que poidan ter un futuro lonxe da exclusión.

QUERO AXUDAR
0%

dos nenos e nenas en Galicia están en risco de exclusión

0%

das nais soas con fillos está en situación de pobreza

0%

Só un de cada 5 nenos e nenas que padecen pobreza familiar logrará saír da exclusión

Temos solucións

Defendemos con respostas concretas o seu dereito a un futuro

Programa Escola da vida. Protección a los escolares en riesgo de exclusión.

Escola da vida

Miles de escolares en Galicia sofren por problemas que ninguén ve. Nós estamos xunto a eles e xunto ás súas familias para que poidan crecer e aprender seguros e acompañados.

Programa Mentor Protección e oportunidades para a mocidade tutelada.

Programa Mentor

A mocidade tutelada está obrigada a emanciparse a partir dos 18 anos. En Mentor dámoslles vivenda, protección e todo o apoio necesario para que desenvolvan o seu potencial. No seu camiño cara á vida adulta, camiñamos con eles.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.