Ningunha moza e ningún mozo sen futuro

Un de cada cinco nenos, nenas e persoas mozas está en risco de exclusión en Galicia. Igaxes existe para cambiar esta situación.

Somos igaxes

E temos unha misión:
Que ningunha nena, neno ou persoa moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social.

Máis de 25.000

Mozos e mozas recibiron o noso apoio dende 2001

Máis de 80.000

Nenas, nenos e mozos necesitan axuda en Galicia

O futuro de miles de nenos e nenas galegos está en perigo. Soamente son crianzas ou adolescentes, pero cada día padecen as consecuencias da falta de recursos, da soidade ou da violencia.

Velamos polo seu dereito a:

Medrar nun clima seguro e protector.

Recibir unha educación de calidade e en condicións de equidade.

Contar con oportunidades para formarse e desenvolver todo aquilo que os move.

Acceder a un futuro profesional e converterse no que elas e eles mesmos queiran ser.

Temos unha misión

A maioría deles tiveron unha infancia chea de carencias. Hoxe non teñen oportunidades para construíren o seu propio futuro. Igaxes existe para cambiar esta situación.

O 34% da mocidade en Galicia está en situación ou risco de pobreza. Son máis de 100.000 mozas e mozos entre 16 e 29 anos.

Temos valores

icono compromiso con la infancia

Compromiso

coa infancia e a xuventude máis vulnerable e coas súas familias.

icono participación

Participación

das nenas, nenos e mozos na construción do seu propio futuro e dun mundo máis xusto.

icono incidencia

Incidencia

nos poderes públicos e na sociedade para lograr cambios que non deixen a ninguén atrás.

icono aprendizaje

Aprendizaxe

para dar solucións cada vez mellores aos problemas que afectan a infancia e a xuventude.

Temos un modelo

Un anel coa persoa sempre no centro.

Levamos case 20 anos traballando polos dereitos da infancia e a xuventude en situación vulnerable en Galicia.

Sabemos que a exclusión social é un ciclo que se transmite dunha xeración a outra. Para que a roda deixe de xirar é preciso que cada nena e cada neno poida contar cun anel de apoio desde a infancia e ata a idade adulta.

Para que crezan sentíndose queridos e estimulados. Con oportunidades para aprender e desenvolverse. E contando sempre con persoas nas que confiar.

Igaxes. Anillo de apoyo

Temos un equipo

E móvenos a nosa misión

Somos persoas apaixonadas. Traballamos xuntas para lograr cambios decisivos nas vidas de moitas nenas, nenos e mozos en Galicia.

Aspiramos a unha sociedade na que ningún deles se vexa privado de futuro polo feito de nacer en desvantaxe. Actuamos cada día para que se cumpra o seu dereito a perseguiren as súas propias metas. Cremos neles e no seu potencial. E estamos ao seu carón ata que xa poden voar sen axuda.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.