“Antes estaba moi nerviosa. Vivía lonxe da miña familia e pagábao con todo o mundo. Agora estanme axudando moitísimo. Quero seguir formándome en hostalería porque me gusta moito a cociña.”
— Olga, 16 anos
do alumnado máis desfavorecido abandona a escola prematuramente
dos nenos con risco de fracaso escolar padece algún conflito social ou familiar
a exclusión social transmítese de pais a fillos en 4 de cada 5 familias
Miles de escolares en Galicia sofren por problemas que ninguén ve. Nós estamos xunto a eles e xunto ás súas familias para que poidan crecer e aprender seguros e acompañados.
A mocidade tutelada está obrigada a emanciparse a partir dos 18 anos. En Mentor dámoslles vivenda, protección e todo o apoio necesario para que desenvolvan o seu potencial. No seu camiño cara á vida adulta, camiñamos con eles.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.