Faite socio.
Fai algo decisivo hoxe.

O teu xesto cambia vidas

12 €/mes

Con 12 € ao mes durante un ano evitas que 3 mozas ou mozos abandonen os estudos prematuramente.

20 €/mes

Con 20 € ao mes durante un ano aseguras toda a atención necesaria para 2 nenos que padeceron acoso ou maltrato.

30 €/mes

Con 30 € ao mes durante un ano logras que unha moza ou mozo sen apoio familiar poida acceder ao seu primeiro emprego.

Elixe como queres facer a túa achega.

Doar con bizum

Se tes BIZUM activado no teu móvil facer unha doazón é moi sinxelo.
A través de BIZUM chega a IGAXES o 100% da túa doazón.

1. Dende a túa app selecciona “Enviar dinero a una ONG”
2. Introduce o noso código 04687.
3. Elixe o importe que desexes achegar a Igaxes.

Doar mediante transferencia bancaria

Doazón mediante transferencia bancaria.
CAIXABANK: IBAN: ES60-2100-4333-1002-0005-6802

1. No concepto podes indicar “Doazón” e se queres podes indicar tamén o teu nome

Doar con tarxeta ou domiciliación

PASO 1. Elixe a túa achega

Paso 2. Datos persoais

Indica la cuenta bancaria en la que domiciliar tu donación.

Un momento, estamos enviando tu donación. Por favor, asegúrate de seleccionar la cantidad a donar. 
Grazas!! Vimos de enviarche un correo de confirmación.
Recorda revisar a carpeta de spam.
Por favor, inserta todos os datos
Por favor, indica un mail correcto
Por favor, indica un donativo válido

PASO 1. Elixe a túa achega

Paso 2. Datos persoais

Indica la cuenta bancaria en la que domiciliar tu donación.

Un momento, estamos enviando tu donación. Por favor, asegúrate de seleccionar la cantidad a donar. 
Grazas!! Vimos de enviarche un correo de confirmación.
Recorda revisar a carpeta de spam.
Por favor, inserta todos os datos
Por favor, indica un mail correcto
Por favor, indica un donativo válido

En 2020 logramos…

3075

nenas, nenos e mozos aos que chegamos en toda Galicia.

612

adolescentes sen familia recibiron a nosa protección e apoio

302

mozas e mozos en situación vulnerable accederon a un posto de traballo

icono ventajas fiscales

Coñeces as vantaxes fiscais da túa colaboración?

Os primeiros 250€ que does desgravarán o 80% e a partires desa cantidade, o 40%.

Se mantiveches ou aumentaches durante os 2 anos anteriores as túas aportacións a Igaxes, a desgravación increméntase ao 45%.

UN EXEMPLO PRÁCTICO

Para unha aportación de 300 €.

OS PRIMEIROS 250 €

Desgravas 200 €0%

PARA 300 € NUN ANO
Os primeros 250 € desgravan o 80 %
Os outros 50 € desgravan o 40 %

Desgravas 220 €0%
Igaxes. Hazte socio. Colabora

A túa axuda é indispensable, dálles un futuro

Todas as nenas e nenos deberan ter as mesmas oportunidades de futuro. Axúdanos a facelo posible.

Recorda

Tamén podes facerte socio por teléfono: 981 561 687
Ou enviando un mail a colabora@igaxes.org

Preguntas Frecuentes

Que significa ser socio de Igaxes?

Ser socia ou socio de igaxes significa formar parte dunha comunidade de persoas que aspiramos a vivir nunha sociedade onde ningunha nena, ningún neno e ningunha persoa moza se vexa privada de futuro por razón de pobreza ou exclusión social.

O teu apoio e o doutras moitas persoas fai posible que poidamos combater a ameaza da exclusión social desde a mesma infancia e ata a idade adulta. Contigo estamos máis cerca de lograr que todas as nenas, nenos e persoas mozas en Galicia poidan crecer, aprender e desenvolverse en condicións de seguridade e de igualdade.

A que irá destinada a miña aportación?

A túa aportación irá destinada integramente aos programas que igaxes desenvolve a prol da infancia e a xuventude en situación vulnerable en Galicia. O teu apoio revirte directamente en programas dedicados a garantir a súa saúde, benestar, educación, desenvolvemento persoal e acceso ao emprego.

Tamén estarás a colaborar coas nosas accións de apoio continuado a nais e pais para velarmos polo dereito de todas as nenas e nenos a vivir nunha familia e nun ambiente de convivencia seguro e protector. E tamén axudarás a crear oportunidades de futuro para aquelas mozas e mozos que carecen de respaldo familiar.

Podo desgravar a miña doazón?

Si, podes deducir as túas doazóns a igaxes da túa declaración da renda (se es persoa física) ou do Imposto sobre Sociedades (se es empresa). Igaxes é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e acollida á Ley Orgánica 49/2002. Enviarémosche un certificado que recollerá o total de doazóns que realizaras a favor de igaxes durante o exercicio fiscal.

Para que este documento teña validez ante a Axencia Tributaria debemos incluír o teu nome ou razón social da empresa, apelidos, NIF/NIE/CIF e enderezo fiscal completo.

Podo colaborar como empresa?

Sexa cal for o seu tamaño ou actividade, a túa empresa tamén pode asinar o seu compromiso coa infancia e a xuventude. O futuro de miles de mozas e mozos está en xogo hoxe: necesitan unha oportunidade para construíren a súa vida. Co apoio da túa empresa podemos facelo posible.

Poderás colaborar como persoa xurídica, tanto de maneira puntual como regular. Ou ben deseñar con igaxes un plan máis específico de colaboración no marco da túa estratexia de responsabilidade social.

Podes dirixir calquera consulta ao noso Equipo de Atención a Socias e Socios de calquera das seguintes formas:

  • Chamando ao 981 561 687 (luns – xoves de 9h a 19h; venres de 9h a 15h)
  • Escribindo a colabora@igaxes.org