Dereito ao emprego

Todas as persoas teñen dereito ao traballo, a elixilo libremente e a ter un nivel de vida adecuado

Igaxes. Derecho al empleo
Testimonio Jose
icon-testimonios

“A parte máis dura é o medo a sentirme só e afastado. Se non tivese traballo faltaríame a parte esencial da vida que construín.

Coa axuda que recibín teño todas as ferramentas posibles para mantelo e sentirme seguro de min mesmo.”

— Jose, 25 anos

Máis de
100.000

mozas e mozos están actualmente en risco de pobreza en Galicia

Acceder a un traballo ou a unha vivenda é algo case inalcanzable para moitos deles. Están nunha idade decisiva para o seu futuro, pero non teñen recursos para seguiren formándose.

Buscan cada día a súa oportunidade, pero todas as portas están pechadas. Temos que facer todo o posible por abrilas.

QUERO AXUDAR
0%

da mocidade entre 16 e 29 anos está en risco de pobreza

0%

do emprego xuvenil é temporal ou precario

0%

das mozas e mozos tutelados emancípanse en situación precaria

Temos solucións

Defendemos con respostas concretas o seu dereito a un futuro

Programa Mentor Protección e oportunidades para a mocidade tutelada.

Programa Mentor

As mozas e mozos tutelados están obrigados a emanciparse a partir dos 18 anos. Nós proporcionamos vivenda, educación e apoio á independencia desde que son adolescentes. No seu camiño de cambio cara á vida adulta, nós camiñamos con eles.

Mentor rural

Mentor rural

Ningunha persoa moza deberia ter que marchar de onde vive para ter un futuro. Mentor Rural acompaña a mozas e mozos en situación de vulnerabilidade para que poidan acceder á formación, ao emprego e aos recursos necesarios para vivir con autonomía no seu propio territorio.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.