Resalire: unha exposición fotográfica para acabar co estigma

Achegarnos a realidade mozos e mozas tuteladas é fundamental para rematar cos prexuízos que aínda existen cara elas.

Resalire é volver a saír. Tamén é a capacidade dun corpo de recuperar a súa forma orixinal a pesar de persistir forzas que traten de modificalo. Esta idea é a que se transmite na serie de 15 retratos a mozos e mozas tuteladas realizadas por Fuco Reyes. “A través destas fotografías queremos que se poida ver o interior das persoas”, explica Jorge, participante da exposición.

Estas imaxes teñen como fin último achegarnos aos soños e aspiracións da mocidade tutelada, que segue sufrindo prexuízos inxustos que doen e discriminan. “Durante o proceso creativo aprendín sobre a xenerosidade, o esforzo, a persistencia e a superación”, asegura Fuco.

Detrás de cada un destes retratos hai historias de mozos e mozas que superaron adversidades e que camiñan día a día para converterse nas persoas que queren ser. “O máis importante é a información, que a xente saiba quen somos”.

Resalire enmárcase dentro da campaña de incidencia Non Nos Xulgues, porque acabar cos prexuízos é unha tarefa de todos e todas.

 

Unha exposición itinerante

A primeira parada de Resalire foi a Alameda de Santiago de Compostela, pero queremos chegar a máis xente. Por iso, as fotografías que compoñen a exposición van a viaxar a distintas cidades de Galicia. Para que todas as persoas poidan achegarse ao mundo interior destes mozos e mozas e, quizais, sentirse identificadas e aprender algo delas mesmas.

Ademais, a exposición tamén se pode visitar a través da web https://resalire.nonnosxulgues.gal/

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.