Porque a gran maioría senten medo de ir soas pola rúa. E seguen sendo sinaladas como as responsables de evitar unha posible agresión.
Porque aumentan os estereotipos machistas entre a adolescencia, pero no currículum escolar non existe unha materia de igualdade. Nin educación afectivo-sexual cun enfoque de dereitos.
Porque se ademais de mulleres son inmigrantes ou LGTBI, os focos de discriminación son aínda maiores.
Porque cando entran na idade adulta xa constitúen a franxa de poboación con máis risco de pobreza.
Porque cando encontran o seu primeiro traballo xa cobran ata un 15% menos que os seus compañeiros homes. E esa fenda continúa crecendo coa idade.
Porque, se hai que asumir cargas familiares ou dispensar coidados, será cousa delas. Sobre todo en familias con escasos recursos.
Porque o seu futuro está criticamente lastrado só por seren mulleres.
Por estes e outros mil motivos, para todas elas, todos os dereitos.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.