Qué son os pisos tutelados e cómo funcionan

Cando falamos de pisos tutelados, referímonos a espazos que ofrecen un fogar seguro e un acompañamento educativo. Un lugar seguro onde medrar, formarse e avanzar cara unha vida independiente.

Qué son los pisos tutelados y cómo funcionan

Nos últimos días, os medios de comunicación fixéronse eco de diversas novas sobre o sistema de protección de menores, os centros e os pisos tutelados. Moitas veñen acompañadas de desinformación, erros conceptuais e unha visión distorsionada. Isto leva á sociedade a ter unha percepción errónea sobre estes recursos e sobre as mozas e mozos que os habitan.

Queremos aproveitar esta ocasión para botar algo de luz a este tema. Porque só cunha información veraz e rigorosa podemos rachar cos prexuízos e garantir que cada persoa reciba o apoio que necesita. 

Cando falamos de pisos tutelados, referímonos a espazos que ofrecen un fogar seguro e un acompañamento educativo. Estes están destinados a  mozas e mozos que, por diferentes circunstancias, non poden vivir coas súas familias. Son unha peza clave dentro do sistema de protección de menores. Grazas a eles, a xuventude en situación de vulnerabilidade ten un espazo onde crecer, formarse e avanzar cara a unha vida independente. 

Antes de continuar, é importante aclarar unha confusión habitual: un piso tutelado non é un centro de reforma. Os pisos tutelados están destinados a mozas e mozos que están dentro do sistema de protección de menores. Isto é porque as súas familias non puideron ou non quixeron facerse cargo de eles. 

Pola contra, os centros de reforma están destinados a mozas e mozos que cometeron infraccións e cumpren medidas xudiciais. 

Tendo claro isto, cómo funciona un piso tutelado? 

 

A entrada

As mozas e mozos que acceden a este recurso o fan tras unha valoración cunha técnica ou técnico do sistema de protección. Terminado o proceso, determínase, segundo as súas circunstancias, se poden requerir unha alternativa residencial. Se é o caso, esta persoa tería a opción de entrar nun piso. 

 

A vida 

Os pisos tutelados son vivendas como calquer outro fogar compartido, cunha capacidade para 8 mozas e mozos como máximo. A diferenza está en que contan cun equipo educativo que os apoia no seu día a día.

Ao igual que moitas rapazas e rapaces da sua idade, estudan e formarse para establecer obxectivos de futuro. Algúns incluso compaxinan estes estudos mentres se introducen no mercado laboral.  Tamén traballan cousas básicas que lles servirán para o día a día. Isto inclúe: organización das tarefas do fogar, dos seus gastos, convivencia, desenrolo da personalidade e habilidades de xestión emocional, etc… 

 

O proceso de saída 

Mentres o resto da mocidade da sua idade emancípanse de media aos 30 anos, a xuventude tutelada ten que facelo moito antes. Dan o paso cara a vida adulta con case 10 anos de diferencia. Co obxectivo de que poidan avanzar cara esta independencia cunha base sólida, se da unha preparación cara a emancipación de forma previa e progresiva. No caso do Programa Mentor, pode extenderse ata os 25 anos. Este proceso comeza moito antes de que saian do piso e ten en conta aspectos esenciais, coma: 

 

  • Educación financeira: Aprender a xestionar os seus ingresos e gastos.
  • Acceso a vivenda: Buscar unha vivenda asequible e segura.
  • Autonomía emocional: Desenvolver estratexias para xestionar a súa vida sen apoio constante.
  • Rede de apoio: Contar cunha contorna de referencia que lles ofreza respaldo nos primeiros anos da súa independencia.
  • Lecer: Atopar formas de ocio saludable, como actividades culturais ou deportivas que lles axuden a socializar, fortalecer a súa autoestima e construír un estilo de vida equilibrado. 

 

A saída non significa que quedan sós. Moitos programas, como o Programa Mentor, ofrecen apoio despóis da emancipación, axudándoos a afrontar os retos da vida adulta.

 

Un paso cara a un futuro mellor

En Igaxes, acompañamos a mozas e mozos no seu camiño cara á emancipación a través de Mentor, un programa específico para quen dá os seus últimos pasos no sistema de protección. A súa saída á vida adulta é un desafío enorme, xa que a maioría carecen dunha rede familiar de apoio. Por iso, é fundamental ofrecerlles seguridade, confianza e recursos que lles permitan avanzar sen medo e sen estigma. O obxectivo é claro: que cada moza e mozo poida vivir nun entorno seguro e establecer as bases do seu propio proxecto de vida.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.