“O día que me emancipei estaba asustado. Non tiña un colchón no que caer se facía algo mal. Precisaba moita coraxe, pero tiña todo o que aprendera e a xente que mo ensinou estaba aí para axudarme.”
— Jose, 25 anos
Mentor é o noso programa dedicado ás mozas e mozos que afrontan a recta final do seu paso polo sistema de protección de menores. A súa emancipación é un salto sen rede, dado que a maioría carecen de apoio familiar. Para afrontalo necesitan seguridade e confianza, pero tamén recursos e apoio constante.
Por iso Mentor é unha solución que reúne vivenda, manutención, formación e acceso ao emprego. Trátase de que todas as mozas e mozos poidan vivir nun ambiente seguro, alentador e autoxestionado. E que cadaquén poida sentirse parte dun grupo mentres se prepara para construír o futuro que quere para si.
mozas e mozos recibiron apoio desde 2005
participantes accederon a un emprego en 2020
atoparon un fogar nos nosos pisos tutelados
En Mentor temos implantadas todas as liñas de apoio á mocidade tutelada recomendadas pola Federación Jóvenes e Inclusión.
para que poidan emanciparse sen présas e con garantía de estabilidade.
para que poidan voar sen axuda e construír sen medos a súa vida.
para que poidan tecer vínculos co mundo e serlles de axuda a outras persoas.
para que sempre teñan en quen confiar cando dean o salto á vida adulta.
Levamos desenvolvendo o programa Mentor en Galicia desde 2005. Hoxe é unha solución referente no apoio á xuventude tanto no ámbito estatal como europeo.
Desde 2015 está catalogado como boa práctica da Unión Europea na categoría de políticas para a inclusión social da xuventude. É un programa auditado anualmente que financian o Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia. Vai á web