Mozas e mozos de entre 14 e 23 anos constrúen o seu propio relato social da xuventude nunha experiencia de vídeo participativo que compartimos Agareso e Igaxes.
Os tres traballos resultantes presentaranse o venres 7 de xuño ás 17.00 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A entrada é libre ata completar aforo.
E cando afectan a persoas que xa parten dunha situación vulnerable, poden chegar a converterse nun estigma moi doloroso.
Non é certo, por exemplo, que o alumnado con dificultade nos estudos non teña vontade de aprender. Nin é certo que a mocidade tutelada estea nun centro de protección por facer algo malo. Non son máis que estereotipos, pero parte da sociedade aínda os toma por certos.
Moitas mozas e mozos en risco de exclusión padecen cada día as consecuencias de estigmas inxustos que pesan e discriminan.
Unha forma de combatelos é crear espazos para que sexan elas e eles mesmos quen poidan construír o seu relato da realidade. Coa súa propia voz e desde a súa propia visión.
“A Tribo” existe para iso. Trátase dunha experiencia de vídeo participativo capitaneada por 18 mozas e mozos de entre 14 e 23 anos. Elas e eles son protagonistas de todo o proceso de creación: desde a idea inicial ata a montaxe final.
Este proxecto, que compartimos por iniciativa de Agareso e co apoio da Obra Social “la Caixa”, defende que o acceso á cultura e ás tecnoloxías da comunicación debe darse sempre en condicións de igualdade.
Numerosos estudos teñen probado que é posible promover a igualdade social a través das artes. O contacto continuado coas artes fai posible que as mozas e mozos en dificultade melloren tanto os seus resultados na escola como o seu compromiso cívico e social.
Isto permite reducir a desigualdade de oportunidades con respecto á mocidade dun nivel socioeconómico máis alto.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.