Kevin é un rapaz en situación de tutela que logrou obter unha beca Erasmus para estudar en Italia. Leva tres semanas no país, tempo suficiente para mellorar o italiano, facer visitas culturais, probar a comida local, coñecer mellor a cultura…
A semana pasada mandou ás súas compañeiras, compañeiros e educadoras da vivenda estas fotos da súa visita a Oderzo. Na súa casa do Proxecto Mentor están a vivir a experiencia de Kevin con ilusión. Agardan novas novas e o acompañan dende lonxe nesta aventura.
A súa historia é un exemplo de como as becas e as oportunidades educativas poden mudar a vida da mocidade en risco. Amplían os seus intereses e lles da a oportunidade de medrar e desenvolverse como persoas. Para estas mozas e mozos tutelados, o Erasmus é un privilexio. Unha idea que a miúdo non se valora, xa que deben preocuparse prematuramente polo seu futuro. Moitas veces compaxinando estudos e traballo ou, en moitos casos, dedicándose só a traballar para xestionar a súa independencia. A opción de poder voar a outra parte do mundo para vivir unha experiencia inesquecible durante uns meses a miúdo non está ao seu alcance. Agardamos que experiencias como a de Kevin deixen de ser unha excepción. Todas e todos os mozos en risco de exclusión deberían ter acceso a experiencias vitais que compensen a desvantaxe da que parten.
Programa cofinanciado polo FSE+Galicia
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.