Un espazo de inclusión e convivencia

Na vivenda Mentor de Vigo, as rapazas e rapaces participaron na inciativa “Que pasa no barrio” que pretende fomentar a conexión entre a veciñanza.

mocidade tutelada vigo

No tránsito á vida adulta, a independencia económica non é o único factor fundamental para acadar unha vida digna. Outro punto importante é a “independencia social”: contar cunha rede de persoas para gozar do tempo de ocio, axudarnos ou, simplemente, falar dos nosos sentimentos.

A mocidade tutelada e extutelada traballa tódolos días coas súas educadoras para acadar esa independencia. Estas rapazas e rapaces normalmente atópanse nun círculo na que os seus contactos son as propias educadoras e compañeiras e compañeiros de vivenda. A maioría das veces non contan cunha familia que as apoie ou non teñen a oportunidade de socializar máis alá. Cando comezan a transitar cara a vida adulta, este pequeno círculo vaise desfacendo. Ao ter que desvincularse do mesmo para acadar a independencia completa, moitas veces atópanse sen rede social coa que contar para pedir axuda ou pasar tempo de lecer de calidade. Non en tanto, ás veces atopamos oasis nos que a exclusión, o estigma e o illamento non teñen cabida como é o Solar da Pomba.

 

“Que pasa no barrio”

 

Na vivenda Mentor de Vigo, as rapazas e rapaces participaron na iniciativa “Que pasa no barrio”. Esta pretende fomentar a conexión entre a veciñanza. Así, o solar de Canellón da Pomba, foi cedido e acondicionado como punto de encontro entre persoas diversas e con diferentes obxectivos. Desde a celebración de aniversarios ata incluso facer batallas de galos cos amigos, como Jonathan, un dos rapaces da vivenda. Deste xeito, a xuventude da vivenda Mentor de Vigo tivo a oportunidade de pintar un mural cheo de palabras fermosas. Tamén puideron acondicionar unha horta urbana e incluso poñer unha “neveira biblioteca” xunto co resto das veciñas e veciños.

A cooperación veciñal é unha aprendizaxe fermosa. Ademáis e unha oportunidade para xerar redes de apoio para estas rapazas e rapaces que saen do Sistema de Protección. Favorecer a participación de persoas en risco de exclusión en iniciativas comunitarias é unha forma de crear relacións naturais que doutro xeito non se darían. Crear vínculos, botar raíces, sentir pertenza… Tamén é loitar contra a exclusión social e a estigmatización da mocidade tutelada e extutelada.

jóvenes tutelados pintan un mural en vigo

Programa cofinanciado polo FSE+Galicia

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.