Isto implica comunicar a orixe e o destino de todos os nosos fondos, pero tamén o como e o por que das nosas decisións. Somos unha organización preparada para responder as preguntas das persoas socias, doantes, financiadoras ou calquera persoa que queira coñecernos.
Pero, sobre todo, somos unha organización preparada para responder as preguntas das mozas e mozos a quen dedicamos o noso traballo.

Vivenda: 20%
Búsqueda de emprego: 20%
Saúde mental: 10%
Formación: 15%
Innovación: 10%
Traballo en centros: 15%
Desestigmatización: 10%

Financiamento público: 92%
Financiamento privado: 8%
Cada ano, centos de nenos, nenas e adolescentes en Galicia caen nunha situación de desamparo. Para protexelos, a Administración Pública asume a súa tutela e dálles o acubillo que precisan mentres van facéndose maiores. Cando se achegan aos 18 anos, estes mozos e mozas deben prepararse para voar sen axuda. Emancipárense é un salto sen rede para a maioría, xa que non teñen familia ou carecen do seu apoio.
O Programa Mentor existe para acompañar a mocidade tutelada e ex tutelada entre os 16 e os 21 anos. Se é preciso, mesmo ata os 25. É unha iniciativa financiada polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia que Igaxes desenvolve desde 2005.
Todo en Mentor está dirixido á autonomía persoal de cada participante. Nas nosas vivendas tuteladas desenvolven as habilidades que calquera adulto necesita no día a día. Co apoio dos nosos equipos educativos, eles e elas deseñan a folla de ruta do seu propio proxecto de vida. Ao tempo, da man dos nosos técnicos e técnicas de inserción laboral, seguen formándose ata se converteren en persoas cualificadas para o mundo profesional. Un emprego sólido é unha garantía esencial de estabilidade para a súa vida futura.
Cada vez é máis difícil para a xente nova construír un proxecto vital en zonas non urbanas. O envellecemento poboacional xunto coa escaseza de servizos provocan que moitos mozos e mozas teñan que migrar ás cidades. A situación é aínda máis complicada para as persoas tuteladas ou en risco de exclusión.
O programa ten como finalidade que os mozos e mozas máis vulnerables de entre 16 e 21 anos do sur da provincia de Lugo e do norte de Ourense poidan construir un futuro no seu propio lugar de residencia. A iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-27, aséntase no acceso a vivenda, a formación adaptada ás necesidades das empresas locais, a procura de emprego e a xeración de vínculos comunitarios na contorna.
Convocatoria para a selección de operacións destinadas ao desenvolvemento de itinerarios formativos orientados á formación acreditada para mocidade inscrita no sistema nacional de garantía xuvenil, no marco do programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027 para España
Este proxecto nace coa intención de dar resposta ás necesidades detectadas a nivel laboral e social que permitirán pasar dunha situación de inestabilidade a unha de plena autonomía, mediante unha axeitada avaliación das necesidades específicas de cada persoa e dun acompañamento personalizado para que o seu acceso ao emprego e mantemento do mesmo que lles permita sair da situación de vulnerabilidade. Abrangue tres piares fundamentais, a intervención e orientación laboral, a prospección empresarial e a formación, xa que son os tres factores chave do éxito para traballar coa persoa un itinerario de inserción laboral real e completo, cunha perspectiva 360 graos e co equipo multidisciplinar de acompañamento. Por outro lado o programa permite unha atención integral noutros aspectos relevantes para a plena inclusión, como o son o apoio familiar, saúde mental, o traballo na comunidade e a incidencia política desde un punto de vista de cambio social. É necesario manter un enfoque de cambio social, traballar para conseguir empresas inclusivas e para que as persoas consigan ser autónomas, revertindo a súa situación de vulnerabilidade para acceder a unha vida plena, sendo este o resultado que busca o programa
O Programa Incorpora é unha iniciativa de Fundación “la Caixa” para a inserción socio laboral de persoas en risco de exclusión: creamos oportunidades para as persoas que teñen máis difícil acceder a un emprego. E fomentamos a responsabilidade social corporativa nas empresas para transmitir o valor que ten empregar a colectivos desfavorecidos.
Desde 2011 Igaxes é a organización coordinadora do grupo Incorpora Galicia, do que forman parte outras sete organizacións sociais. Tecendo lazos con empresas e asociacións empresariais galegas creamos oportunidades de emprego para as persoas coas que traballamos.

Orde do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. (código de procedemento BS631A)
Todas as persoas deberan ter as mesmas oportunidades e futuro. Mediante atención individualizada e comprometida, o noso obxectivo é espertar as capacidades que as persoas sen fogar teñen adormentadas por mor dunha situación de exclusión severa. Traballamos xunto a elas e eles para que logren recuperar os vínculos familiares, o acceso aos recursos comunitarios, a participación na sociedade e a súa reciclaxe profesional e laboral.
Orden 5 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e a voluntariado, con cargo a á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Conselleria de Cultura, lingua e xuventude CT200A
O programa Referentes xorde no ano 2012 co obxectivo de atopar persoas en Galicia que queiran acompañar voluntariamente a mozas e mozos sen apoio familiar no seu camiño cara a emancipación. Referentes agroma da necesidade de dar o apoio que precisan as mozas tuteladas ou extuteladas/os para afrontar o seu camiño cara á vida independente. Este proceso tan complexo require de apoio educativo por parte dos nosos profesionais pero, ademais, é imprescindible un apoio emocional externo ao Sistema de Protección de Menores.
Por esta razón, buscamos a participación de persoas maiores de 25 anos e alleas ao eido do social, que estean dispostas a asumir o rol de referente do mozo ou moza para confiar, escoitar, aconsellar, divertirse, aprender, consolarse ou coñecer unha realidade diferente da propia. Alguén que lle axude a ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade.
Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (BS508B).
Cando unha moza ou mozo padece desigualdade, todo o seu mundo se ve afectado: faltan recursos e tamén persoas en quen apoiarse e confiar. Por iso, precisamos o apoio de outras persoas e organizacións para lograr cambios en beneficio da infancia e da xuventude máis vulnerable.
O obxectivo desta campaña é sensibilizar a opinión pública sobre a necesidade de apoio que ten a mocidade sen respaldo familiar: buscamos persoas que queiran poñerse á disposición dun destas mozas e mozos para ampliar a súa rede afectiva ou ofrecerlless apoio durante a etapa escolar.
ORDE do 21 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, polo procedemento de anticipado de gasto, o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).
Estímase que entre un 10% e un 20% dos e das adolescentes experimentan trastornos mentais, pero estes non están diagnosticados nin tratados adecuadamente. Estes trastornos fanos especialmente vulnerables á exclusión social, á estigmatización e mesmo á vulneración dos seus dereitos. Este é un programa para a protección da saúde mental infantil, promovendo para iso vínculos afectivos sans e estables e competencias psicosociais e educativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida, tanto ás persoas afectadas como ás coidadoras e familiares.
Convocatorias Sociais Galicia
Escola de Vida está deseñada para evitar que as deficiencias materiais ou emocionais, a falta de protección ou a inseguridade, poñan en perigo a educación e o futuro da xuventude máis vulnerable. Trabállase desde tres liñas estratéxicas de actuación: desenvolvemento das competencias, apoio psicosocial e éxito escolar.
Así, abórdase o fracaso cunha perspectiva integral de todos os factores chave para acadar o éxito escolar: familiar, social, idividual e educativo.
A través da Orde de 11 do septembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 11 de setembro) estableceronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería. BS623D
O programa Prevint nace co obxectivo de sensibilizar e educar sobre a prevención da violencia interpersoal. A través doViolentómetro, esta iniciativa facilita a identificación de condutas abusivas e promove ferramentas de reacción e intervención. O seu enfoque baséase en desmitificar crenzas erróneas sobre a violencia e dotar ás persoas de recursos para recoñecer e combater diferentes formas de abuso en relacións interpersoais e na sociedade en xeral.
![]()
![]()
A través da Orde de 11 do septembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 11 de setembro) estableceronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería. BS623D
O Programa de Competencias Familiares é un programa innovador de intervención familiar que se fundamenta en dous principios básicos: por unha banda, o adestramento das nais e pais en habilidades parentais e, pola outra, a súa implicación efectiva coas súas fillas e fillos, de acordo coa súa etapa de desenvolvemento para así axudarlles a establecer expectativas claras e adecuadas á súa idade e á súa conducta. É un programa baseado na evidencia, nacido do ‘Strenghtening Families Program’ (EEUU) e adaptado polo grupo GIFES da Universitat de les Illes Balears.
Está dirixido tanto as persoas proxenitoras como as súas fillas e fillos deben implicarse persoalmente para mudar as súas propias conductas e actitudes. Esta é a clave para mellorar a dinámica familiar e restaurar o clima de convivencia, facendo da familia unha unidade de afecto e de apoio mutuo.
A través da Orde de 11 do septembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 11 de setembro) estableceronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería. BS623D
A familia debe ser un apoio para todas as mozas e mozos. Por iso, a través deste programa, fortalecemos ás familias de recursos para xestionar positivamente as súas relacións, de forma que se reduzan os conflitos entre as persoas que a conforman, baseándonos en tres factores básicos: a cohesión, a adaptabilidade e a comunicación.
A través da Orde de 11 do septembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 11 de setembro) estableceronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería. BS623D
Case un 80% da mocidade entre 16 e 29 anos, afirma non ter recibido unha educación afectivo-sexual satisfactoria e completa. Dirixido a mulleres que se atopan en situación de risco de exclusión social, este programa permite desenvolver de forma saudable a súa vida sexual e afectiva, contrarrestando os efectos da nova pornografía e fomentando o seu benestar físico e emocional.
Orden 5 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e a voluntariado, con cargo a á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Conselleria de Cultura, lingua e xuventude CT200A
Este proxecto de voluntariado permitirá que nenas e nenos que estean cursando Ensino Primario en condicións de desvantaxe, poidan contar cos seus propias mentoras e mentores de lectura para mellorar a comprensión lectora mentres constrúen un vínculo de confianza.
Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Plan Corresponsables en Galicia (código de procedemento SI436B).
“Rompendo Moldes” é un programa de sensibilización e formación que promove modelos de masculinidade igualitarios e corresponsables entre a xuventude. A través de dinámicas educativas e campañas de difusión, buscamos combater a feminización dos coidados e fomentar unha repartición equilibrada das responsabilidades familiares, dontando ao alumnado y á comunidade educativa de ferramentas críticas para construir relaccións máis xustas e saudables.
Orde do 16 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto sobre Sociedades (DOG nº 123, do 30 de xuño de 2025). Código de procedemento BS623D
Esta subvención permitiu a adquisición de equipamento audiovisual destinado á realización de obradoiros creativos, actividades socioeducativas e campañas de sensibilización dirixidas á mocidade do sistema de protección. O proxecto contribúe a mellorar as competencias dixitais, favorecer a expresión persoal e promover a inclusión social, ao tempo que reforza a difusión e visibilización das actuacións desenvolvidas pola entidade e dos programas financiados con fondos públicos.
My Rural Mentor: Fomentando a saúde social da mocidade vulnerable en zonas despoboadas mediante a mentoría comunitaria.
Proxecto seleccionado na convocatoria 2025 do programa Erasmus+ 2025, dentro da liña de Asociacións de cooperación no ámbito da mocidade [2025-1-ES02-KA220-YOU-000361017]. My Rural Mentor é un proxecto de mentoría comunitaria para mellorar o apoio social das persoas mozas en territorios rurais. Conectamos persoas, xeracións e recursos locais para combater o illamento, tecer vínculos e activar comunidades que coidan.
MRM deseña, pilota e transfire modelos de mentoría social interxeracional que melloren o benestar social da mocidade vulnerable que vive en zonas rurais ou despoboadas de Galicia, do norte de Portugal e de Sicilia. A través dun modelo piloto de «triplo anel» (mentoría individual, grupal e comunitaria), o proxecto reforza os vínculos relacionais de cada persoa moza coa súa comunidade, mellorando o seu benestar persoal e contribuíndo a que a mocidade se asente no territorio.

![]()
Convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social, na provincia de Pontevedra en 2024.
Escola de Vida está deseñada para evitar que as deficiencias materiais ou emocionais, a falta de protección ou a inseguridade, poñan en perigo a educación e o futuro da xuventude máis vulnerable. Trabállase desde tres liñas estratéxicas de actuación: desenvolvemento das competencias, apoio psicosocial e éxito escolar.
Así, abórdase o fracaso cunha perspectiva integral de todos os factores chave para acadar o éxito escolar: familiar, social, idividual e educativo.
Convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero para o ano 2026.
Este programa formativo consiste na realización de obradoiros de prevención entre as persoas adolescentes de diferentes centros educativos da Provincia de Pontevedra onde se alerta do impacto da nova pornografía.
Convocatoria pública da Deputación da Coruña para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2025.
Punto de Encontro de Inserción laboral é un programa destinado a facilitar a integración social e laboral das persoas en situación de risco ou exclusión, especialmente mozos e mozas ex tuteladas.
A metodoloxía de traballo baséase no desenvolvemento de itinerarios personalizados de intervención. As accións levadas a cabo comprenden programas de orientación, capacitación persoal, formación, información, asesoramento, prospección do mercado laboral e fomento da contratación.
Convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro para proxectos de caracter social, no ano 2025.
Punto de Encontro de Inserción laboral é un programa destinado a facilitar a integración social e laboral das persoas en situación de risco ou exclusión, especialmente mozos e mozas ex tuteladas.
A metodoloxía de traballo baséase no desenvolvemento de itinerarios personalizados de intervención. As accións levadas a cabo comprenden programas de orientación, capacitación persoal, formación, información, asesoramento, prospección do mercado laboral e fomento da contratación.