Parent ‘R’ Us: conectando as familias coa vida escolar

Nove organizacións europeas compartimos un proxecto para impulsar o éxito educativo da infancia máis vulnerable

O afecto e apoio incondicional das nais e pais na educación é esencial para o desenvolvemento escolar dos seus fillos e fillas. Pero moitos nenos e nenas non teñen ese apoio.

Moitas das familias que padecen por problemas económicos, sociais ou familiares non queren, non poden ou non saben como participar da vida escolar dos seus fillos. E isto aféctalles gravemente. A gran maioría do alumnado con fracaso escolar ten tamén algún problema na casa.

Para aprender mellor, para superar cada curso escolar é preciso que nais e pais e os profesionais educativos traballen xuntos por un mesmo fin: garantir o benestar dos nenos, nenas e adolescentes na escola.

Así nace Parent ‘R’ Us. Un proxecto común de nove organizacións europeas que busca crear e afianzar vínculos entre o profesorado e as familias. Vínculos que sirvan para que estas participen cada vez máis da vida escolar.

 


Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea, no marco do Programa E+. Esta publicación reflicte só as opinións do autor, e a Comisión non se fai responsable do uso que se poda facer da información contida no mesmo.