Non quero ser unha excepción

Carmen quere cumprir o seu soño de graduarse na universidade.

Non tivo unha vida fácil. Foi unha nena tutelada e tivo que medrar separada da súa familia. Hoxe ten 20 anos e está cada día máis cerca de cumprir o seu soño. Pero o seu caso é moi pouco común: apenas o 1% da mocidade tutelada logra acceder a estudos superiores.

Carmen segue pelexando cada día, compaxinando os estudos cun traballo que lle permita seguir co seu proxecto de vida. Pero tamén se considera afortunada, porque no camiño recibiu o apoio necesario para saír adiante.

Porén, miles de mozos e mozas en situación vulnerable non teñen apoio de ningún tipo.