Porta aberta

Dereito ao emprego,
dereito a un futuro.

icon-testimonios

“Antes sentíame un bicho raro. Aparentaba ser alguén que non son. Encontrar traballo fíxome confiar máis en min mesmo e a abrirme máis a outras persoas. Agora o meu futuro é meu.”

— Daniel, 19 anos

Unha vida lonxe da exclusión social pasa por un emprego digno.

En Porta Aberta destinamos todas as accións necesarias para que as persoas con maior risco de exclusión encontren a súa oportunidade.

Con cada persoa emprendemos un camiño que comeza por cultivar a confianza e as capacidades persoais. Con formación a medida e ferramentas para a autonomía. Creamos opcións de emprego en colaboración coas empresas. E permanecemos despois da inserción o tempo que sexa necesario para que todo saia ben.

1500

mozas e mozos tutelados que se emanciparon cun traballo

395

empresas xa colaboraron con igaxes para cambiar vidas

263

persoas lograron un contrato de traballo en 2017

Estamos…

Coa xuventude tutelada e ex tutelada

para que poida emanciparse con todas as garantías de futuro.

Coas persoas en dificultade social

para facermos valer o seu dereito a unha oportunidade.

Coas persoas sen fogar

para que poidan restaurar os seus vínculos co mundo e optar a un camiño profesional.

Cambia a súa vida

Asóciate a igaxes e axuda a cambiar as vidas de miles de mozas e mozos en toda Galicia.

Co apoio de persoas coma ti podemos facer que encontren as oportunidades que merecen.

Se es empresa.

Tamén podes colaborar como empresa e abrir a porta do seu futuro.

Consúltanos para coñecer as distintas opcións.

Estamos á túa disposición no 981 561 187 ou en colabora@igaxes.org