09 Ago Por un ocio inclusivo
O autocoñecemento, socializar e a autonomía son aspectos fundamentais que a mocidade desenrola nos seus momentos de ocio. Non en tanto, non todas as mozas e mozos teñen acceso a un ocio saudable debido a que están nunha situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión.
O tempo libre pode ser moi beneficioso para o crecemento psicolóxico das persoas, mais tamén é o ámbito onde as mozas e mozos están expostos a situación de risco, converténdose nun espazo que se usa de maneira negativa para a persoa como pode ser o uso abusivo das tecnoloxías ou practicar actividades de risco para a saúde.
É importante reivindicar espazos e actividades de ocio de fácil acceso para a toda a mocidade, incidindo na discriminación positiva da xuventude máis vulnerable como é aquela que se atopa ou sae do sistema de protección. Derribar as barreiras que impiden acceder a estas mozas e mozos a un ocio saudable e de calidade en igualdade de condicións axudará ao seu desenvolvemento persoal, mellorando a súa autoestima e xerando redes de apoio.
Programa cofinanciado polo FSE+Galicia
Foto: Agostiño Iglesias