16 Mai Atopar un fogar fóra das cidades
Atopar unha vivenda para establecerse e comezar a construir un futuro é un gran reto para a mocidade, sobre todo na situación actual. Á subida de prezos e a escaseza de vivenda hai que sumarlle as exixencias á hora de escoller persoas inquilinas. No caso das mozas e mozos en situación de tutela, estas exixencias veñen reforzadas por prexuízos e as zonas rurais e non urbanas non están exentas destas situacións.
A mocidade extutelada nas contornas rurais ou non urbanas, adoita enfrontarse a obstáculos como a falta de emprego e servizos, que lles obrigan a emigrar ás cidades en busca de oportunidades. Non obstante, esta solución adoita ser temporal e non resolve o problema raíz. Ademais, deixar o teu lugar de orixe tamén implica perder o vínculo coa túa comunidade e a túa cultura, o que pode ser moi doloroso.
Por iso demandamos máis recursos para que a mocidade en risco de exclusión atope un futuro sen necesidade de abandonar o seu lugar de orixe. É fundamental investir en programas e políticas que fomenten o acceso á vivenda no rural e que favorezan o desenvolvemento de oportunidades laborais e de servizos nestas contornas.
Só así se poderá garantir o dereito destas mozas e mozos a unha vida digna e autónoma nun entorno que lles permita crecer e desenvolverse como individuos.
Fotografía de Agostiño Iglesias Otero
Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas. Consellería De Política Social e Xuventude. Next Generation EU. Ministerio de Dereitos Sociaies e Axenda 2023. PRTR.