Aínda un de cada cinco nenos e nenas están en situación de pobreza en Galicia. Grazas ao teu apoio, en 2019 chegamos a máis crianzas nos nosos programas de protección á infancia: un 15% máis ca o ano anterior.
nenas, nenos e persoas mozas ás que chegamos en toda Galicia en 2019.
crianzas recibiron atención para mellorar a súa estima propia, motivación e autonomía persoal.
nais e pais melloraron as súas competencias parentais ou recibiron atención psicosocial.
Miles de escolares afrontan cada curso en desvantaxe por falta de recursos, problemas familiares ou inseguridade. En 2019 estivemos presentes en 11 centros de ensino facendo valer o seu dereito a partir desde a mesma liña de saída.
alumnado ao que chegamos en toda Galicia no curso 2018-2019.
mozas e mozos especialmente vulnerables remataron accións de formación ou pasaron de curso.
nenas e nenos participaron en accións de convivencia contra o acoso escolar.
participaron en accións educativas para a igualdade de xénero e contra o maltrato.
Aos 18 anos, as mozas e mozos tutelados afrontan a súa saída do sistema de protección de menores. Nas nosas vivendas de autonomía do Programa Mentor teñen un fogar onde vivir ata sentírense preparados para saltar ao mundo.
adolescentes atoparon un fogar nos nosos pisos tutelados
mozos e mozas migrantes iniciaron un plan persoal de integración social e laboral
persoas tuteladas e ex tuteladas recibiron protección e apoio no seu camiño cara á vida independente.
A mocidade segue a ser a franxa da poboación máis excluída polo mercado de traballo. En 2019 dedicamos case un 4% máis dos nosos recursos a reforzar os nosos programas de vida independente. Actuamos para que este contexto tan adverso non lles impida escoller o camiño que desexan para si.
nenos, nenas e adolescentes melloraron a súa autonomía persoal e adquiriron habilidades para a vida independente.
persoas en situación vulnerable lograron un contrato de traballo
empresas galegas colaboraron con inserción laboral, formación, patrocinio ou voluntariado corporativo
Vivenda: 17,14%
Educación: 10,24%
Autonomía e independencia: 24,58%
Formación para o emprego: 11,23%
Apoio ás familias: 12,29%
Inserción laboral: 17,99%
Redes de apoio: 6,54%
Financiamento público: 84%
Financiamento privado: 16%
Ingresos totais: 2.207.570,50€
Incrementamos un 9,32% o orzamento global do exercicio anterior. Aumentamos fondos nas nosas catro áreas xerais de intervención: infancia e familia, educación, emprego e comunidade. Chegamos a 3.120 nenas, nenos, persoas mozas e familias en toda Galicia, un 7,95% máis ca en 2018.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.