Hai historias que se definen polo camiño que unha persoa decide percorrer. A de Ludmila é unha delas. Non é un relato sobre un país, sobre a inmigración nin a integración, senón sobre a identidade. O desafío de medrar entre fronteiras. Fronteiras culturais, emocionais e sociais, entre as que atopar, no medio de todo o caos e a incerteza, unha voz propia.
Chegar a un novo país sendo ainda unha nena implica empezar de cero. Ludmila tivo que poñer o contador a esta cifra dúas veces. Primeiro ao reencontrarse coa familia do seu pai e, máis tarde, ao entrar no sistema de protección. É ahi cando comeza a sua loita persoal, o esforzo por comprender un mundo distinto, sen perder o vínculo con sus raíces, que a acompañara dende sempre.
Entendendo quen é
É unha capa de dificultades que non sempre se ve. É unha batalla que se leva por dentro: adaptarse sen desaparecer, integrar o novo sen renunciar ao propio. Ludmila viviu nun fogar onde as tradicións caboverdianas marcaban a convivencia e o contacto. A sua ventá a outro mundo limitabase a escola. Fóra das paredes da casa todo movíase noutro ritmo, noutra lingua, noutras normas. Unha dualidade, un choque, un cambio de escenario que acabou convertindose nun dos grandes retos para unha nena que intenta entender quen é.
O traslado ao centro de menores en Lugo marcou un punto de inflexión. Non foi só un cambio de lugar, senón a oportunidade de reiniciar, de abrirse a outros contextos. Aínda así, este outro lado do mundo tamén foi capaz de abrir feridas invisibles. Os comentarios pola cor de pel, o rexeitamento sutil, as miradas que lembran que unha parte de ti sempre será “de fora”.
Volver a empezar
Ludmila entra en Mentor con 17 años, e é aqui cando comeza a construir, non so autonomía, senon tamen a sua identidade sen deixar de avanzar no seu proxecto de vida. Cada paso foi tamén unha negociación interna entre o que se esperaba dela e o que ela quería ser. Un traballo de funambulismo no que aprender a conciliar dous mundos que ás veces parecían incompatibles.
Este equilibrio non sempre é doado de conseguer para unha moza que medra entre fronteiras. Na casa, esperabábase dela un determinado comportamento. Unha visión concreta do papel da muller. Unhas costumes moi marcados e unha relación coa autoridade e coa relixión fortemente arraigada. Ludmila esperaba ser quen quería ser. Esperaba opinar, elixir, cuestionar e construír unha idea propia do que significa ser muller, ser moza e ser ela mesma.
Hoxe, Ludmila vive de maneira independente, estuda para ser integradora laboral e sostén o seu futuro con ambas mans. Pero o importante non é só o destino actual, senón todo o aprendido polo camiño: que a identidade non significa escoller un bando e que ás veces medrar require cuestionar mesmo aquilo que nos ensinaron a aceptar sen preguntar.
A súa historia é unha lembranza de que a verdadeira integración non é adaptarse sen máis, senón saber construír un espazo propio no que encaixar sen perdernos a nos mesmos.