23 Set Que tipo de escola necesitamos?
Os resultados do informe PISA deixan novos datos para a reflexión na escola: o alumnado español obtén resultados por debaixo da media da OCDE. Os peores datos en matemáticas, lectura e ciencias, con descensos especialmente significativos nas duas primeiras respecto de 2022.
Tras facerse públicos, os alumnos responderon ao que se di deles nos medios e piden ser escoitados. Levan ao debate público a sua reducción a una simple cifra, que non reflecta a sua motivación, o seu contexto persoal e a necesidade de replantexar o sistema educativo.
Esta situación volve poñer enriba da mesa unha pregunta que vai moito máis alá dun exame: que escola necesitamos?
Esta é precisamente a cuestión da que parte Repensar a Escola: Vulnerabilidade, Inclusión e Horizontes de Cambio. O libro publicado xunto coa Fundación Trébol reúne diferentes miradas sobre o presente e o futuro do sistema educativo, nun contexto no que a vulnerabilidade da infancia e da mocidade segue a medrar.
A obra propón afastarse dunha visión da educación centrada exclusivamente no rendemento académico. En pensar que aprender consiste só en adquirir coñecementos ou que o éxito educativo pode explicarse unicamente a través das capacidades individuais do alumnado. Para analizar esta cuestión, a obra incorpora tamén os resultados dunha investigación realizada con máis de 800 mozos e mozas en situación de vulnerabilidade. Este estudio permite observar que factores están realmente detrás das súas traxectorias educativas.
A escola educa, pero non basta con isto
Entre as conclusións de esta investigación destaca a importancia da integración e do sentimento de pertenza á escola, así como das relacións co profesorado e cos iguais. Elementos que poden resultar secundarios cando falamos de éxito escolar, pero que teñen un papel central na experiencia educativa e nas posibilidades de permanecer e avanzar no sistema.
Detrás de cada traxectoria escolar existen diferentes contextos a ter en conta. Condicións familiares, económicas, sociais e emocionais que poden facilitar ou dificultar as oportunidades para aprender. A pobreza, a precariedade residencial, o acceso desigual aos recursos culturais ou a falta de redes de apoio teñen consecuencias sobre as oportunidades educativas. Ante estas realidades, a escola non pode asumir soa unha responsabilidade. Isto é algo necesariamente colectivo. Apóstase por unha mirada socioeducativa e comunitaria e unha escola conectada co seu territorio. Unha escola capaz de traballar xunto ás familias, aos servizos sociais, ás entidades do terceiro sector e a outros axentes que forman parte da vida das persoas novas.
A escola educa, pero non basta con ter ese espazo. Tamén educa a familia, a comunidade, a cultura e as relacións que construímos ao redor. Repensar a Escola propón cambiar a mirada para comprender que os desafíos son complexos e que, polo tanto, tamén deben selo as respostas. Os resultados dos informes poden axudarnos a detectar que algo non está funcionando como debería, pero deberíamos, pero dar un paso máis alá. Obríganos a preguntarnos que educación queremos, para quen e, en definitiva, que sociedade queremos construír.