O obxectivo da presente política de privacidade é achegarlles ás nosas persoas usuarias a seguridade e as garantías esixibles pola normativa de protección de datos para o tratamento dos seus datos. Por iso che recomendamos que leas atentamente a presente política de privacidade.
Cando accedes á web adquires a condición de persoa usuaria e tamén cando te subscribes e/ou rexistras en calquera dos formularios dispoñibles ou a través das distintas formas de contacto.
Esta política de privacidade, xunto co “Aviso legal e as condicións de uso” e a “Política de cookies” regulan o uso da web www.igaxes.org e, por tanto, a relación entre INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (IGAXES), en adiante tamén o Responsable, e a persoa usuaria.
A tal efecto informámosche de que o responsable do tratamento e o espazo web é INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (en adiante, IGAXES), con CIF G15784978, con domicilio social na Rúa do Valiño 63-65, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña), inscrita no rexistro de Asociacións co nº 621/2001 e no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia co nº E4857.
Concretamente na presente Política de Privacidade regúlase o tratamento de datos de carácter persoal das persoas usuarias, levado a cabo polo responsable quen garante que tratará os datos conforme o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e na lexislación en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. (LSSICE).
A visita a www.igaxes.org como persoa usuaria non sempre supón a recollida de datos de carácter persoal, pero informámosche de que, cada vez que visitas a web www.igaxes.org, recollemos directamente, ou a través de terceiros prestadores de servizos, información de forma automática, referida ao dispositivo desde o que te conectas e outros datos da túa conexión, cuxa finalidade non é identificarte de forma individualizada.
Non obstante, no caso de que nos comuniques datos de carácter persoal a través de calquera dos formularios accesibles, os teus datos serán tratados de acordo ao disposto na normativa de aplicación e de acordo co establecido na presente política de privacidade.