Ocio na mocidade: unha porta cara o seu futuro

 

O ocio é unha ferramenta fundamental para medrar e desenvolverse emocional e socialmente.

Ocio na mocidade

O ocio adoita verse como un espazo para desconectar ou pasalo ben lonxe das obrigas diarias, pero para a maioria de mozas e mozos  é moito máis que iso. É unha ferramenta fundamental para medrar e desenvolverse emocional e socialmente. 

Adoitamos ver a maioria da mocidade dándolle importancia a este espazo de tempo. O que para uns pode ser algo normal dentro das suas rutinas, para as mozas e mozos que viven baixo o sistema de protección ou en situación de risco, o acceso ao ocio é un dereito que pode marcar unha diferenza decisiva no seu futuro.

O tempo libre é un escenario para coñecerse. Saber qué nos gusta, explorar as nosas capacidades, desenvolver autonomía e socializar con xente nova. A través de novos espazos ou actividades culturais, deportivas ou comunitarias, a mocidade experimenta novos contextos e constrúe identidade. 

Sabemos que, non toda a xuventude chega ás mesmas oportunidades. Moitas nenas, nenos e mozas que adoitan atopar barreiras para acceder a un ocio inclusivo. Por falta de recursos económicos, escaseza de alternativas nos seus barrios, limitacións de mobilidade, horarios incompatibles, ou mesmo estigmas que lles pechan as portas a determinados espazos culturais e deportivos. 

Escoitando un concerto desde o Gaias

Non é só encher o tempo

 

A desigualdade tamén se manifesta no tempo libre, e cando o ocio non é accesible, aparecen riscos. O uso abusivo das tecnoloxías ou a exposición a ambientes pouco saudables poden converter estes tempos valeiros nun espazo que empeore a súa situación.

En este ambito, a participación en actividades de lecer acompañadas dun profesional convirtese nun factor de protección en sí. Un espazo para traballar en valores e reparar sensacións de exclusión ou illamento. 

Facer accesibles os tempos e espazos de lecer é clave para que a mocidade en protección poida crecer nas mesmas condicións que o resto. Non se fala de “encher o tempo”, senón de ofrecer oportunidades reais para participar dentro de unha comunidade e construír vínculos que perduren.

 

Un compromiso que temos coas nosas rapazas e rapaces

 

Este compromiso co ocio inclusivo estivo tamén presente no I Congreso Internacional Esfera Joven, celebrado en Melilla, onde diferentes entidades, entre as que estivemos presentes, puxeron en común a importancia do lecer como eixo de benestar xuvenil. Un encontro no que tivemos a oportunidade de compartir experiencias, aprendizaxes e visións sobre o acompañamento educativo e social, así como de conversar con profesionais e investigadores/as de referencia.

“ O lecer é un elemento, coma dixen, clave para nos, que xera espacios de liberdade, espazos de seguridade e axuda ao desenrrolo de competencias.  Non podíamos perder a oportunidade de estar aquí escoitando ao que son referentes nacionais e internacionais nesta materia e polo tanto o noso papel é ese, o de nutrirnos para logo aplicar no noso día a día”  explicaba Carlos Rosón nunha entrevista para TV Melilla

O tempo de lecer non é un complemento nin un extra. É unha parte esencial do sistema de acompañamento para toda a mocidade. Cada actividade, cada saída e cada espazo abre unha porta cara ao futuro. 

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.