Esta especialización está dirixida a persoas con vocación para o traballo coa mocidade tutelada. O seu alumnado formarase para o acompañamento de mozos e mozas no seu camiño de cambio cara á vida independente.
Falamos de mozos e mozas sen apoio familiar que creceron ao abeiro do sistema de protección de menores. Falamos tamén de mocidade que está baixo garda administrativa; ou que debe afrontar o cumprimento de medidas xudiciais.
Bolsa de emprego con 10 contratos de traballo
O programa de estudos ten unha vocación profesional clara. Compleméntase cun período de prácticas en recursos residenciais. Ao remate do curso, Igaxes ofrecerá 10 contratos de traballo en postos de intervención directa.
Preinscrición: do 28 de xuño ao 30 de xullo de 2021.
Inicio das aulas: 23 de setembro de 2021.
Organizan: Facultade de Educación e Traballo Social, Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Igaxes.
Combinamos a experiencia académica con profesionais expertos na intervención coa mocidade
O alumnado completará 210 horas de traballo en recursos residenciais de autonomía
Igaxes ofertará 10 contratos de traballo remunerado con opción de continuidade ao remate dos estudos
Dirixido a: Estudantes de primeiro e segundo ciclo dos graos de educación social, traballo social, pedagoxía e psicoloxía, así como doutras titulacións afíns. Titulados/as universitarios/as nas anteriores titulacións.
Estudos: 36 créditos; oito módulos teóricos e un módulo práctico en vivendas tuteladas, vivendas asistidas ou en oficinas de inserción laboral con mocidade en protección.
O curso abrangue do 23 de setembro de 2021 ao 26 de maio de 2022. As aulas terán lugar Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo en Ourense, os xoves e os venres de 16 a 21 horas.
Prazas ofertadas: 18.
Importe da matrícula: 686€
O programa de prácticas abrangue 210 horas de traballo. Realizarase os mércores, xoves e venres en horario variable entre o 28 de xaneiro e o 26 de maio de 2022. Ofertaranse prácticas en proxectos de intervención directa con infancia e xuventude nas principais cidades galegas.
Ao remate do curso, o alumnado terá acceso a unha bolsa de emprego na que Igaxes ofertará 10 contratos con opción de continuidade para traballar en proxectos propios.
Facultade de Educación e Traballo Social
Edificio de Facultades, As Lagoas, s/n, 32004 Ourense. Tel. 988387101
Igaxes
Rúa do Valiño, 63-65. 15707 Santiago de Compostela.
Tel. 981 561 169 (mañás) | comunicacion@igaxes.org