Decoración de nadal co tradicional calendario de

Tradicións e recordos para toda a vida

Mergullarse no faiado na procura dos adornos do ano pasado para encher a casa de luces e cores. Facer listas da compra e repasar as receitas con máis éxito para sorprender aos comensais. Pensar nos agasallos para os nosos seres queridos. Poñerlles un papel bonito e deixalos ao pé da árbore para ver as súas caras ao descubrir a sorpresa. Cantar panxoliñas, ver películas de nadal, tomar chocolate quente… As tradicións do nadal son tan diversas coma nós mesmos.

Cada un de nós recolle estas memorias e fainas súas, cos matices que en cada familia e en cada casa converten estes recordos en algo único. Estamos nunhas datas moi especiais, e crear tradicións é moi importante en todas as familias e en todas as casas. Nas vivendas tuteladas tamén, xa que son un fogar no que as mozas e mozos conviven como unha familia.

Elas e eles deciden como queren pasar estas festas. Entre todas e todos pensan o menú, fan a compra e elaboran os platos. As casas decóranse integrando os gustos de cada un deles. Mercan adornos e mesmo crean as súas propias decoracións. A que vemos na imaxe é o singular calendario de advento da vivenda de Lugo, que van abrindo día a día. Tamén pensan agasallos especiais para compartir cos seus. Son datas para dar e recibir! Xunto co equipo educativo, son un fogar máis: cóidanse entre si, comparten momentos e celebran as festas todas xuntas.

Dende o noso gran fogar, desexámosvos a todas e a todos os que facedes posible Igaxes unhas moi felices festas!

 

Programa financiado polo FSE+ Galicia