despedida_emancipacion

Emanciparse: Construír un proxecto de vida propio

Emanciparse non depende só de estar preparado ou de ter ganas de facelo.

Para unha moza ou mozo en situación de tutela, deixar a vivenda marca o inicio dunha nova etapa. É un proceso para o que se preparan dende cedo coas súas educadoras e educadores. Teñen que aprender a afrontar o día a día pola súa conta, tomar decisións e construír o seu propio futuro.

Cando esta mocidade deixa a vivenda, comeza a asumir novas responsabilidades. Moitas delas chegan a outras persoas da súa idade moito máis tarde. Mentres algunhas poden quedar na casa familiar durante anos, estas mozas e mozos adoitan afrontar antes os custos e as responsabilidades da vida adulta.

  • Xestionar os cartos:

Pagar o alugueiro, a auga, a luz, a comida ou o transporte require organizar os ingresos e priorizar os gastos. Se os ingresos son limitados ou o emprego é inestable, calquera imprevisto pode converterse nun problema.

  • Atopar unha vivenda:

Acceder a un alugueiro supón enfrontarse a prezos elevados. Pero a isto hai que engadirlle, ademáis; fianzas, nóminas e outros requisitos que poden resultar difíciles de cumprir. Sen aforros suficientes ou garantías económicas, atopar un lugar estable onde vivir pode converterse nun dos principais obstáculos para a emancipación.

  • Planificar a vida cotiá:

Organizar a casa, facer a compra, xestionar citas médicas ou trámites administrativos, ademáis de resolver imprevistos coma unha avaría son tarefas que pasan a depender da propia persoa. A isto súmase a necesidade de compaxinar as obrigas domésticas co traballo, os estudos e o descanso.

  • Seguir formandose mentres traballan:

A independencia económica depende, en gran medida, de acceder a un emprego estable. Tamén é importante completar unha formación que mellore as oportunidades laborais e de acceso a traballos mellor remunerados. Moitas veces, compaxinar ambas as cousas mentres se asumen todos os gastos da vida adulta pode resultar complicado.

18 años: A liña de saída

O maior reto non é simplemente aprender a vivir só, senón conseguir as condicións necesarias para facelo. Ter unha vivenda a prezos asumibles, ingresos suficientes, oportunidades de formación e emprego e unha rede de apoio  pode marcar a diferenza. Eses son os termos que poden determinar se estamos ante unha emancipación precaria e a posibilidade real de construír un proxecto de vida propio.