España e Galicia son lugares cada día máis diversos, e iso debería ser motivo de celebración. Pero onde medra a diversidade, medran tamén os discursos de odio contra o diferente, algo especialmente preocupante entre a xuventude cando falamos das persoas migrantes e racializadas.
A infancia e a adolescencia son as etapas da vida nas que se forma o noso carácter e personalidade, nas que creamos as nosas redes vitais, na casa e na escola. Por iso é imprescindible para o crecemento persoal das mozas e mozos, que entren en contacto con outros actores sociais, á marxe do ámbito educativo.
O autocoñecemento, socializar e a autonomía son aspectos fundamentais que a mocidade desenrola nos seus momentos de ocio. Non en tanto, non todas as mozas e mozos teñen acceso a un ocio saudable debido a que están nunha situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión.
Order your tote bag or notebook and help thousands of children get the education they deserve.