Xogamos polo seu futuro

O 20 de decembro, o Dépor e Igaxes xogamos polo futuro da infancia máis vulnerable. Fai agora o teu donativo e consigue a túa entrada para o Deportivo-Tenerife.

Logo

Xogamos polo futuro da infancia máis vulnerable

No último partido de 2019, todo o Deportivismo poderá demostrar a súa forza solidaria.

 

Pobreza e infancia nunca deberan ir unidas. Pero os dereitos e o futuro de miles de nenas e nenos están en perigo. Só porque naceron nunha situación de dificultade. 

 

O 20 de decembro ás 21:00 h. en ABANCA-RIAZOR #osnosos e #anosaforza xogarán polo futuro da infancia máis vulnerable. A recadación do Deportivo-Tenerife irá destinada aos programas de Igaxes para a protección e o éxito escolar dos nenos e nenas con máis necesidade de axuda en Galicia.

 

Súmate a esta causa. Fai un donativo mínimo de 5€ e consegue a túa entrada solidaria. Co xustificante de doazón que recibirás por email poderás retirar o teu billete nas taquillas do club.

 

O 20 de decembro "Xogamos polo seu futuro". Colabora!