Xornada de debate

Educación afectivo sexual na era da nova pornografía

Mércores 2 outubro 2019. Casa das Asociacións de Cornes, Santiago de Compostela

Internet é hoxe a fonte principal de educación sexual da xuventude. O acceso á nova  pornografía, de contidos cada vez máis machistas e vexatorios, xeneralízase a partir dos 14 anos.

Case un 80% das mozas e mozos entre 16 e 29 anos afirman non teren recibido unha educación afectivo-sexual satisfactoria.

Esta xornada pretende darlle resposta a unha pregunta: que modelo de educación afectivo sexual necesitamos para compensar os efectos da nova pornografía e fomentar relacións libres, igualitarias e respectuosas coa diversidade?

Inscrición aberta (prazas limitadas)

Organizan: Igaxes. Escola Universitaria de Traballo Social, Universidade de Santiago de Compostela. Asociación Jóvenes e Inclusión.

Programa da xornada

10.15 Recepción e inauguración. Xunta de Galicia. Escola Universitaria de Traballo Social. Red Jóvenes e Inclusión. Igaxes

10h45 Ponencias: Nova pornografía e cambios nas relacións interpersoais – Lluís Ballester Brage, Universitat de les Illes Balears. A educación sexual en España: un dereito na “lista de espera” – María Lameiras Fernández, Catedrática Universidade de Vigo.

12h45 Descanso

13h15 Dialogan: Ana Ojea, profesora de ensino secundario e activista LGTBIQ; Jorge García Marín. Universidade de Santiago de Compostela, experto en novas masculinidades; Marga Pazos. Xornalista e comunicadora. Modera: Lorena Añón, Escola Universitaria de Traballo Social (USC).

14h15 Peche da xornada

Inscricións

Introduce os teus datos

Recibirás o teu certificado de asistencia por correo electrónico

Quero recibir as novidades de Igaxes

Lin e acepto a política de privacidade

Máis información

Igaxes – Área de Comunicación
Tel. 981 561 169 | comunicacion@igaxes.org