As realidades das que proveñen as persoas que conforman un núcleo familiar son variables. Estas realidades afectan aos lazos que se constrúen no día a día. Traballar a escoita, a empatía e a comunicación, e importante para que todos os membros da familia poidan entenderse entre eles.
No Programa de Competencias familiares, as educadoras e educadores traballan con todos os membros da familia para mellorar as relacións entre eles. É fundamental darlles ferramentas para que poidan construír espazos de convivencia seguros.
“As educadoras traballamos dende unha aprendizaxe horizontal, bidireccional, nós aprendemos das familias e elas aprenden de nós”, conta María, educadora do programa. Para ela, unha das cuestións máis importantes do programa e darlles estratexias as familias. Así poden lidiar con situacións máis complexas, mellorar as habilidades patentáis e previr as conductas de risco.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.