Tres desexos que se cumpriron grazas a ti

Estes son os grandes soños que fixeches realidade en 2018 e aínda non coñeces

Paraches algunha vez a pensar en todas as cousas importantes que fixeches nos últimos doce meses? De entre todas elas, hai tres que aínda non coñeces. E van permanecer para sempre.

Encontraron un fogar

Pobreza e infancia nunca deberan ir unidas. En 2018 seguimos actuando para asegurar o benestar, a saúde e o desenvolvemento persoal de case 3.000 nenas e nenos en situación vulnerable. E fixemos valer o seu dereito a unha infancia segura e a vivir en familia.

Pero a familia non sempre está presente e moitos teñen que crecer sen ese refuxio. O ano pasado, 80 nenos e mozos sen familia encontraron un fogar nas nosas vivendas tuteladas do Programa Mentor. Hoxe teñen un lugar seguro e afectivo onde vivir.

Volven soñar co seu futuro

En todas as nosas escolas hai nenas e nenos desprotexidos. Porque non teñen o afecto que necesitan, porque teñen problemas graves na casa ou incluso por seren vítimas de violencia.

Dedicarlles toda a atención que necesitan hoxe é asegurar a súa educación mañá. O ano pasado chegamos a 1.900 alumnas e alumnos en toda Galicia. Agora que volven soñar co que queren ser de maiores, seguimos ao seu lado para que nunca volvan perder as ganas de aprender.

Por fin poden voar sós

Imaxinas non ter familia nin traballo? Ante a precariedade laboral, os máis desprotexidos son aqueles que non teñen respaldo familiar. Centos de mozos tutelados están obrigados a encontrar un medio de vida porque non teñen unha familia á que volver.

Nestes 12 meses, máis de 400 mozas e mozos en especial fraxilidade lograron a súa primeira oportunidade de traballo. Máis de 400 soños feitos realidade: para todos eles e elas chegou o día en que por fin puideron voar sen axuda.

En 2018 fixeches moitas cousas importantes.
E queremos que non as olvides.

Grazas a todas as persoas e entidades que nos apoian, este ano
seguimos medrando con eles para que nada lles borre o sorriso.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.