
O verán, para a maioria da rapazada é sinónimo de descanso, tempo libre e desconexión. Para as mozas e mozos do sistema de protección, esta época supoñe unha oportunidade para traballar, gañar autonomía e aforrar para o futuro.
A diferenza doutra mocidade da súa idade, a súa emancipación é moitas veces máis temperá. En moitos casos deben asumir responsabilidades económicas antes de tempo. Estas van dende cubrir gastos propios e prepararse para a emancipación, ata facer un colchón de aforro. Por iso, buscan traballos temporais en sectores como a hostalaría, o comercio ou os coidados.
Algunhas incluso combinan estes empregos con talleres ou cursos de formación. Así melloran a súa situación persoal e aumentan as posibilidades de atopar un emprego no futuro. Este período adoita ser o primeiro contacto co mundo laboral. A través destas experiencias, aprenden a tratar con adultos. Tamén a asumir responsabilidades e a confiar nas súas propias capacidades.
Aínda que moitas veces non dispoñen das mesmas opcións de ocio que o resto da súa xeración, traballar no verán pode ter as suas ventaxes.
Comezar con traballos temporais é unha moi boa maneira de iniciarse, de forma progresiva, no mercado laboral. Estas primeiras experiencias achegan confianza de cara ao futuro e permiten establecer unha primeira rede de contactos profesionais. Todo isto tradúcese nunha vantaxe fronte a outros mozos e mozas que aínda non tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo do traballo.
Enfrontarse ao mundo adulto é unha oportunidade para desenvolver competencias fundamentais. Puntualidade, compromiso, comunicación, resolución de conflitos, convivencia, xestión de tareas… Habilidades valiosas que non só serven no ámbito laboral, senón que acompañarán á persoa ao longo de toda a súa vida.
Un traballo temporal durante o verán pode ser moito máis que unha fonte de ingresos, pode abrir os ollos a intereses profesionais que ata entón pasaran desapercibidos. Esta experiencia permite explorar camiños, descubrir novas motivacións e tomar decisións máis conscientes sobre o futuro.
Esta época pode converterse nun proceso de aprendizaxe cheo de oportunidades. Entre as posibilidades está descubrir vocacións, gañar autonomía e fortalecer habilidades clave para o futuro. A pesar das dificultades, todo este esforzo e compromiso demostran que é posible transformar o verán nun tempo de crecemento persoal e profesional.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.