Xoga con nós o torneo contra o odio.

Entra no sorteo dunha camiseta firmada por Brais Méndez!!

Son maior de idade
Acepto recibir comunicacións sobre as actividades que realiza IGAXES
Lin e acepto a política de privacidade

CARTA DE BRAIS

BENVIDAS E BENVIDOS

Quero falarvos desde o corazón, porque cada unha e cada un de vós tedes un grandísimo poder, o poder de cambiar as cousas e acabar cos discursos de odio. Tanto na vida coma no deporte, máis alá dos goles, os logros e os trofeos están as aprendizaxes, o compañeirismo, a amizade e o respecto.

Como xogador profesional, sei do importante que é o fútbol na vosa vida. Todas e todos tedes un papel que xogar no campo e vai moito máis alá de xutar un balón. Cada vez que vos poñedes as botas e saltades ao campo, sodes un exemplo, escribides a vosa propia historia de esforzo, amizade e superación.

Quero agradecervos todo o amor e a paixón que poñedes. Sei que a veces pode ser difícil, pero cada vez que dades o mellor, cada vez que axudades a unha compañeira ou compañeiro, cada vez que amosades respecto cara o rival ou que falades con amabilidade a un árbitro, estades facendo do fútbol un deporte polo que paga a pena dalo todo.

Recordade que o máis importante é gozar de cada momento no campo. Non importa se gañades ou perdedes, o que importa á que traballedes xuntos, que vos divirtades, que sexades un equipo. Tanto no fútbol como na vida, cada un de nós temos o poder de mellorar o noso entorno e para iso o respecto é fundamental. Respectade ás e aos compañeiros, rivais, árbitros e a todas e todos os que fan posible o xogo; sede un exemplo de convivencia.

A campaña #STOP ODIO nace para acabar cos discursos de odio, porque todas e todos podemos acabar con esta lacra. Hoxe celebramos outra forma de entender as relacións, no deporte, nas redes e na vida. Sexamos un exemplo de honestidade, de inclusión e de liderado. Recordade que só xogamos en positivo, destacade o bo das e dos demais e sede xenerosas e xenerosos. A positividade ten un poder incrible para inspirar e motivar.

Na miña propia experiencia, aprendo de cada compañeiro e adestrador cos que traballo, así como do equipo contra o que xogo. A vosa viaxe comeza e cada paso que deades levaravos máis preto do soño.

XOGO LIMPO

Para fomentar un ambiente positivo e construtivo no torneo, comprometémonos a seguir estas boas prácticas. Ao seguilas, contribuiremos a crear un ambiente positivo e enriquecedor para todos os participantes no torneo de fútbol praia.

PARA AS FAMILIAS

Apoiar a Todos os Xogadores

Animaremos e apoiaremos non só aos nosos propios fillos e fillas, senón tamén a todos os xogadores, recoñecendo y celebrando os seus esforzos e logros.

Respectar a Todas as Persoas Involucradas

Amosaremos respecto cara os árbitros, adestradores, xogadores e outros espectadores, recoñecendo o esforzo e dedicación de cada individuo.

Fomentar el Espíritu Deportivo

Promoveremos valores como el juego limpio, la honestidad y el respeto mutuo, enfatizando la importancia de disfrutar del deporte en un entorno amigable y respetuoso.

Educar na Importancia do Esforzo e a Resiliencia

Ensinaremos aos nosos fillos e fillas o valor do esforzo, a persistencia e a capacidade de superar os desafíos, animándoos a dar o mellor de si mesmos en cada partido.

Participar de Forma Activa e Construtiva

Involucrarémonos de maneira positiva no torneo, ofrecendo a nosa axuda e apoio cando sexa preciso, e contribuíndo a crear un ambiente inclusivo e acolledor para todos e todas.

Respectar as Decisións dos Adestradores e Árbitros

Aceptaremos as decisións tomadas polos adestradores e árbitros, recoñecendo a súa autoridade e experiencia no campo.

Fomentar a Amizade e o Compañeirismo

Promoveremos a amizade e o compañeirismo entre os xogadores, animando a traballar xuntos como equipo e a valorar a importancia do traballo en equipo.

Manter unha Comunicación Positiva

Manteremos unha comunicación aberta e positiva cos nosos fillos e fillas, os adestradores e outras familias, fomentando un ambiente de confianza e apoio mutuo.

Respectar as Instalacións e o Entorno

Coidaremos e respectaremos as instalacións onde se desenvolve o torneo, mantendo limpa a zona e evitando calquera comportamento que poida danar o entorno.

Ser Exemplos de Fair Play

Actuaremos como modelos a seguir para os nosos fillos e fillas, demostrando un comportamento exemplar en todo momento e promovendo a importancia do Fair Play dentro e fóra do campo.

XOGADORES E XOGADORAS

Xogar con Espírito Deportivo

Sempre xogaremos con deportividade, respectando aos nosos compañeiros de equipo, opoñentes, árbitros e adestradores.

Valorar o Esforzo

Recoñeceremos e celebraremos o esforzo e a dedicación, tanto de nós mesmos como dos nosos compañeiros e adversarios, independentemente do resultado.

Traballar en Equipo

Entenderemos a importancia de traballar xuntos como equipo, apoiando e animando aos nosos compañeiros en todo momento.

Respectar as Regras do Xogo

Coñeceremos e respectaremos as regras do xogo, xogando limpo e evitando comportamentos antideportivos.

Aceptar as Decisións

Aceptaremos as decisións dos árbitros e adestradores con respecto, sen discutir nin protestar.

Manter unha Actitude Positiva

Manteremos unha actitude positiva e optimista, incluso fronte á derrota, buscando sempre aprender e mellorar.

Resolver Conflitos de Forma Pacífica

Se xorde algún conflito, resolveremos de maneira pacífica e dialogando, sen recorrer á violencia física ou verbal.

Coidar do Entorno

Manteremos limpa a zona de xogo e respectaremos as instalacións onde se desenvolve o torneo.

Promover a Amizade e a Inclusión

Seremos amables e respectuosos con todos os participantes, promovendo a amizade e a inclusión no noso equipo e no torneo en xeral.

Divertirse e Gozar

Recordaremos que o máis importante é divertirse e gozar do xogo, independentemente do resultado final.

MANIFESTO STOP ODIO

Manifesto #STOPODIO

Queremos vivir sen odio, sen que nos marquen por ser diferentes, pola cor da nosa pel, pola nosa sexualidade, pola nosa procedencia ou polas nosas capacidades. Vivir nun mundo que nos acepte, que nos integre, que nos coide e no que cada persoa se poida desenvolver plenamente, unha sociedade na que todas e todos aportemos o que poidamos, porque todas e todos podemos aportar se nos deixan. Ese é o noso desexo, o que nos move: borrar as desigualdades.

Queremos vivir nunha sociedade xusta na que nos tratemos con humanidade e respecto, para avanzar todo o mundo na mesma dirección. Facerlle fronte ás correntes que intentan dividirnos apelando ao medo, ao prexuizo e ao odio; atacando ás minorías, culpando dos problemas aos que veñen doutros países buscando unha vida mellor, discriminando ás mulleres, cuestionando os dereitos das persoas LGTBIQ+. A liberdade non é a lei do máis forte.

Os discursos de odio en forma de xenofobia, racismo, antisemitismo, islamofobia, odio anti-LGTBIQ+, misoxinia e outros tipos de intolerancias aumentan en todo o mundo, tamén nos nosos entornos máis próximos, tamén no noso día a día. Dentro e fóra das redes, dentro e fóra das aulas, nos estadios, nas oficinas, na rúa. O discurso de odio ataca ás persoas e deshumanízaas, pero non só provoca danos a niver persoal, tamén constitúe un ataque á inclusión, á diversidade e aos dereitos humanos. Destrúe as comunidades, o lugar común desde o que se lle pode facer fronte.

O odio é a pedra que atopamos no camiño da construcción, o odio ao diferente, ao descoñecido, o odio ao que non encaixa plenamente coas nosas conviccións, coas nosas cores ou espazos. Un odio irracional que nos separa. O odio destrúe as redes dende o máis profundo, estropea a cohesión, rompe familias, equipos, traballos, rompe a saúde e rompe, en definitiva, vidas.

Queremos vivir en comunidade, compartir e coñecer mellor á nosa veciña e veciño. Pechar os ollos antes as inxustizas xa non pode ser unha opción. Parar o odio é unha tarefa de todas e todos como sociedade. Debemos, nun primeiro lugar, entender cando estamos actuando dende discursos de odio aprendidos de forma consciente ou inconsciente. Construir un mundo que nos inclúa e nos represente a todas e todos.

Por iso, propoñemos unha serie de medidas que todas e todos, cada un de nós, temos á man. Que podes facer ti para combater os discursos de odio?

Detecta os discursos de odio e failles fronte: recoñecelos é o primeiro paso para contrarrestalos. Non ampares discursos de odio baixo o paraugas da liberdade de expresión. Non banalices situacións de odio ou discriminación pensando que é “unha broma ou un xogo de nenos”; o mellor é frealos canto antes. Non cales, actúa.

  • Fomenta a empatía: trata de poñerte no lugar do outro e entender a súa perspectiva. Escoita aos demais, presta atención ao que teñen que dicir e amosa interese e respecto ás súas opinións.
  • Evita a linguaxe ofensiva: non uses palabras ou expresións que poidan ofender ou denigrar a outras persoas. Aprende a comunicarte de maneira efectiva, cunha linguaxe clara e precisa para evitar malentendidos. As palabras son importantes.
  • Fai un uso responsable das redes sociais. O anónimato moitas veces axuda a medrar os discursos de odio, a difundilos e a reproducilos. Que sexa a través dunha rede social non lle resta importancia á violencia.
  • Participa na construción dunha sociedade máis inclusiva: traballa para contruir unha comunidade que promova a igualdade e a xustiza para todas as persoas. Cando todas xogamos en igualdade, pasámolo mellor, en todos os ámbitos da vida.

Este é un partido que, xogando en equipo, podemos gañar.
Se ti tamén queres formar parte do cambio, di #StopODIO.

Brais Méndez

Brais Méndez é un futbolista nado en Mos, na provincia de Pontevedra. Xoga como centrocampista na Real Sociedad da Primeira División de España.

O deportista galego, que como futbolista profesional sufriu e viviu en primeira persoa ataques e insultos nos estadios de fútbol, alza a voz contra o odio e a exclusión social.

IGAXES

Máis de 20 anos defendendo os dereitos da xuventude en risco.

Di non ao odio.

Aspiramos a unha sociedade na que ningunha crianza se vexa privada de futuro por nacer en desvantaxe.

A pobreza e as diferenzas raciais, culturais ou de calquera outra índole fan que as nenas e nenos en risco de exclusión padezan os discursos de odio con consecuencias no desenvolvemento e a autoestima.

Moitas mozas e mozos afrontan a recta final do seu paso polo sistema de protección de menores.

A súa emancipación é un salto sen rede, xa que a maioría carecen de apoio familiar. Para afrontalo, precisan seguridade e confianza, pero tamén recursos e apoio constante. Os discursos de odio afectan a estas mozas e mozos á hora de atopar traballo ou vivenda.

Formación contra o odio

Dentro da campaña stop odio ofrecemos formacións para escolares de secundaria e clubs deportivos!

Obradoiros contra o odio

Durante o mes de maio arrancamos uns obradoiros para escolares de secundaria e clubs deportivos no Concello de Nigrán!

TI TAMÉN PODES DECIR
#STOPODIO