Soños: cultura que abre camiños

Soños non foi só unha obra de teatro; foi dende o primeiro momento, unha porta aberta á empatía. Hoxe, tras a súa última función, queda a sensación de que transformou moito máis do que se podería imaxinar.

actores saludando al público

A obra non partiu de ficcións nin situacións ou persoaxes afastadas, senón da vida real. 

Desde a súa estrea en febreiro de 2023, Soños percorreu Galicia cunha mensaxe clara: derrubar os muros do estigma que pesa sobre a mocidade tutelada. Soños non foi só unha obra de teatro; foi dende o primeiro momento, unha porta aberta á empatía. Hoxe, tras a súa última función, queda a sensación de que transformou moito máis do que se podería imaxinar.

Soños naceu da unión entre Igaxes, Artefeito e Culturactiva, coa complicidade e implicación de profesionais da escena como a directora Tamara Canosa, o dramaturgo Fernando Epelde e os actores que lle dan vida aos protagonistas: Anxo Outumuro, Victoria Perez e SaraFerro. A obra non partiu de ficcións nin situacións ou persoaxes afastadas, senón da vida real. 

A mirada da mocidade

Soños estaba destinada a todos os públicos, pero principalmente, foron mozas e mozos de entre 15 e 17 anos, estudantes de secundaria e bacharelato aos que quería chegar dunha forma máis directa. E o conseguiu. Era un público clave. Moitas veces, algunhas sen ter coñecemento da situación, estas mozas e mozos conviven nos centros educativos con compañeiras e compañeiros que están baixo o sistema de proteccion, sen saber exactamente que significa iso.  A proposta de Soños non se trataba únicamente de levar a escena unha historia máis, senón de acompañar ao público novo nun proceso de aprendizaxe cunha ferramenta cultural coma é o teatro. 

Os datos recollidos antes e despois das funcións avalan o impacto: o coñecemento real sobre o termo “situación de tutela” pasou dun 49 % antes da función a un 71 % despois. Tamén cambiou a forma de explicar as causas: as respostas simplistas, que reducían todo a “mal comportamento” ou “problemas persoais”, caeron do 60 % ao 22 %. Pola contra, gañaron peso as visións máis complexas, que incorporan variables como a pobreza, a violencia ou a dificultade das familias para ofrecer coidados adecuados.

Detrás destes números hai un cambio máis profundo: a empatía. O alumnado que manifestaba unha boa impresión sobre a mocidade tutelada pasou do 22 % inicial ao 51 % tras a experiencia. O teatro serviu, neste caso, como ferramenta de transformación social.

O eco máis aló do escenario

Lonxe das butacas, Soños logrou facerse un oco entre os medios de comunicación. A proposta resoou nas canles tradicionais en máis de corenta ocasións, multiplicando a súa capacidade de chegar á sociedade. En cada entrevista, en cada reportaxe, a mensaxe era clara: a mocidade tutelada non é culpable da súa situación, nin merece cargar co peso dun estigma inxusto.

A Consellería de Política social da Xunta de Galicia, Abanca, Gadis e microdoazóns do tecido empresarial das distintas localidades fixeron posible que o proxecto chegase a 23 localidades galegas, con máis de 2.500 asistentes, dos cales preto de 2.000 foron estudantes. Esta suma de vontades demostra que cando a cultura se pon ao servizo do ben común, os resultados poden chegar a sorprender

Un final que é tamén un comezo

A última función de Soños deixa un baleiro simbólico, pero tamén unha certeza: a mensaxe xa prendeu. O público que puido desfrutar dela, leva consigo unha mirada máis ampla e máis xusta sobre a realidade da tutela.

Dicimos adeus a Soños sabendo que é un ata pronto coas alianzas do mundo da cultura. O final dunha historia no escenario é só o inicio dunha nova maneira de mirar o mundo.

Se queres saber máis xa tes disponible para descargar o informe de impacto de soños.

 

 

Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas

Elenco de la obra en el escenario sostiene ramos de flores mientras el director da un discurso
Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.