“Que vivise nun centro non implica que sexa menos capaz”

Xavi é un dos miles de mozos tutelados que cada ano saltan á vida adulta sen respaldo familiar

Parte da sociedade aínda pensa que son persoas conflitivas ou menos capaces, só porque viviron en centros. Pero Xavi ten a súa propia fórmula para enfrontarse a estes prexuízos e seguir adiante.

Xavi viviu nun fogar de Igaxes ata que puido emanciparse cun traballo

Hoxe comparte piso en Vigo con outros rapaces e mantense grazas ao seu traballo como coidador de barrio. Cada día percorre as rúas do Casco Vello ou do Calvario á procura de desperfectos ou de obxectos perdidos. Ou ofrecéndose para darlles indicacións ás persoas que visitan a cidade.

Con todo, de entre todas as súas funcións, “a que máis me gusta é estar coas persoas maiores, conversar con elas e axudarlles a sentirse máis acompañadas”.

“O cubo de Rubik axúdame a organizar a miña vida”

Pero este traballo é temporal. E para saír adiante por si mesmo, Xavi sabe que seguirá necesitando todos os recursos e toda a fortaleza emocional que sexa quen de reunir.

Mesmo se esa fortaleza provén dun pequeno xogo portátil como o cubo de Rubik. Sempre leva un na mochila -ten moitos diferentes- porque resolvelo axúdalle a enfrontarse ao día a día.

Para Xavi este xogo é unha metáfora da vida, pero tamén unha resposta contra os prexuízos sociais. Contra o estigma inxusto que aínda mira as persoas tuteladas como conflitivas ou menos capaces. “Que vivise nun centro non significa que non teña capacidades; son un ser humano igual que todos”.

Máis de 3.000 nenas, nenos e adolescentes viven hoxe
tutelados en Galicia

E, nos últimos dez anos, máis de mil atoparon un fogar nas vivendas tuteladas de Igaxes no marco do Programa Mentor. Alí puideron prepararse, como Xavi, para daren o salto á vida adulta coas maiores habilidades e autonomía posibles.

Pero outros moitos non teñen esta opción. E cando cumpren os 18 anos teñen que enfrontarse ao mundo en soidade. Sen familia nin apoios, están obrigados a resolver cada día o seu propio cubo de Rubik.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.