Proxecto Referentes

Moitos mozos e mozas sen apoio familiar necesitan alguén maior en quen confiar. Únete ao voluntariado e entra na súa vida.

#FaiteReferente

“Gústame estar con Eva. Dáme algo de medo deixar o centro, pero grazas a ela sei que non estarei de todo soa.”

— Ludmila, 17 anos

Unha man amiga para saír ao mundo

Todas as persoas temos referentes. Alguén que nos escoitou, que nos guiou en momentos importantes da nosa vida. Alguén que nos acompañou en situacións difíciles e que nos alentou a ser quen hoxe somos.

É habitual que esa persoa referente sexa algún membro da nosa familia. Pero, para moitas mozas e mozos tutelados, esa figura familiar non existe.

Neste proxecto de voluntariado buscamos persoas ¡que queiran entrar na vida dun mozo ou moza sen apoio familiar. Persoas coas que poidan sentirse escoitadas e aceptadas. Que sexan un punto de apoio para saltar á vida adulta con seguridade e confianza.

0%

mozos e mozas participantes aumentaron a confianza en si mesmas

0%

din que este voluntariado lles axudou a expresar mellor as súas emocións

0%

aumentaron a súa autoestima grazas a contar cunha persoa referente

Como podo ser referente?

Se tes máis de 25 anos, vives en Galicia e non te dedicas a profesións sociais ou de axuda, ti tamén podes ser referente.

Neste voluntariado construirás unha relación de amizade cun mozo ou moza tutelada para confiar, escoitar, divertirse, consolarse ou coñecer unha realidade diferente da propia.

Envíanos os teus datos e axiña nos poñeremos en contacto contigo.