Programa Lexema

Moitos nenos e nenas necesitan que alguén as acompañe na lectura. Faite mentor ou mentora e axúdalles a descubrir o pracer de ler.

Mentoría de animación a la lectura

Os nenos e nenas que viven en fogares desfavorecidos teñen máis dificultades para acceder á lectura

Cando as familias teñen dificultades para asegurarlles unha alimentación adecuada ou afrontaren gastos esenciais, non queda apenas lugar para investir en libros, cultura ou clases particulares.

Ademais, os problemas de acceso acompáñanse adoito de falta de hábito e de apoio lector. O alumnado galego con menos recursos sitúase ata dous cursos por detrás do resto da súa clase en comprensión lectora. Lexema existe para axudar a compensar estas desvantaxes.

Lexema é…

Fortalecemento familiar

Axudamos ás nais, pais e crianzas a melloraren as súas relacións familiares e a construíren un clima de afecto e de apoio mutuo.

Implicación coa escola

Co apoio de persoas mentoras, as familias aprenden a involucrarse na vida escolar dos seus fillos e fillas e reforzan os lazos co seu centro de ensino.

Comprensión lectora

Na compañía de persoas voluntarias, os nenos e nenas melloran a súa comprensión desde Primaria e descubren o pracer de ler.

Como podo participar?

Amas a lectura? Lembras aínda as historias que te conmoveron na infancia? Ler axudouche a comprender o mundo e a converterte na persoa que es hoxe?

Buscamos persoas que queiran ser mentoras de lectura dun neno ou unha nena entre 8 e 12 anos. Se es maior de idade, vives en Santiago de Compostela ou contorna e tes unha tarde por semana para ofrecer, ti podes ser mentor ou mentora Lexema.