O reforzo dos programas de prevención escolar
Ter unha base educativa sólida segue sendo un dos principais factores que determinan as oportunidades laborais e vitais dunha persoa. Rematar a educación obrigatoria, continuar formándose e adquirir competencias profesionais non só abre portas ao emprego, senón que contribúe á igualdade de oportunidades. É o que permite tomar decisións con máis autonomía e estabilidade ao longo da vida.
No caso da mocidade que acompaña Mentor, esta realidade é especialmente clara. Moitas mozas e mozos chegan cun obxectivo concreto. A meta é rematar estudos, acceder a unha formación profesional ou compatibilizar aprendizaxe e traballo para empezar a construír un proxecto de vida propio. A educación funciona como unha ferramenta práctica e directa para a inserción laboral. Sen embargo, tamén o fai coma un espazo onde aprender a planificar, asumir responsabilidades e tomar conciencia das propias capacidades.
España é o segundo país da Unión Europea con maior taxa de abandono escolar temperán. En Galicia, son un 10,42% de mozas e mozos os que deixan prantados os seus estudos. Unha cifra que evidencia a necesidade de reforzar os programas de prevención do abandono escolar e de apoio educativo a mozas e mozos vulnerables. Durante anos, nas políticas de prevención púxose o foco, principalmente, no apoio material. Estas se basan en bolsas para libros, comedor escolar, transporte ou adaptacións curriculares. Todas elas son medidas necesarias, pero non sempre suficientes.
Unha carreira de obstáculos
Hai mozas e mozos que, mesmo contando con estes recursos materiais e económicos, que seguen sen atopar un lugar no sistema educativo. O que precisan non é só material, senón acompañamento e apoio emocional e psicolóxico. Hai factores menos visibles que condicionan a continuidade formativa. Falamos de problemas de saúde mental na adolescencia, ansiedade, baixa autoestima, sensación de fracaso continuado, falta de referentes adultos que acompañen o proceso educativo ou incluso a falta dun lugar apropiado onde poder estudar. Son factores que pesan tanto ou máis ca as dificultades económicas. Estudar termina vivindose coma unha carreira de obstáculos.
Só o 1% da mocidade en risco accede a universidade. Ademáis, os que o fan, en moitas ocasións compaxinan estudos con traballo. No seu caso, enfrontan de forma abrupta unha vida adulta nada mais cumprir os 18. É neste punto onde o acompañamento educativo e emocional cobra un valor determinante. Mentor non se limita a apoiar o rendemento académico, senón que ofrece orientación, seguimento e apoio continuado para que o futuro desta mocidade non se vexa interrompido.
A importancia de intervir desde a infancia
Ainda que os casos de abandono escolar adoitan ser na adolescencia, é na infancia, onde comezan os sinais. Hai nenas e nenos que medran en contextos onde o apoio educativo e académico non está garantido. Familias sen recursos, sen tempo ou sen ferramentas para acompañar os procesos escolares. Nestes casos, as dificultades non teñen que ver coa capacidade, senón co contexto e coas desigualdades sociais.
Investir en terapia, en apoio psicolóxico e en acompañamento continuado non debería ser unha medida excepcional, senón unha parte estrutural da resposta á prevención do abandono escolar. Nos, sendo conscientes disto, damos forma a esta resposta con Escola de Vida. Este proxecto nace precisamente para responder a esta realidade. O plantexamento non é só de espazo de reforzo escolar, senón como un acompañamento integral no seu entorno. Familia, centro educativo, e profesorado. Nel trabállanse aspectos coma a confianza, a motivación, a xestión emocional e a relación coa aprendizaxe.
A prevención do abandono escolar na mocidade comeza moito antes de que alguén decida abandonar os estudos. Precisa unha intervención continua, adaptada a cada etapa vital, que non só se centre no currículo, senón que incorpore a saude mental na infancia. O acompañamento socioeducativo e o vínculo como elementos centrais, poden garantir que se creen as condicións necesarias para que ninguén quede fóra polo camiño. A formacion e básica e esencial para construir independencia no futuro.