A pobreza limita ata un 80% o seu futuro educativo. Teñen máis dificultades para aprender. Están máis expostos a situacións de estrés e malestar na casa. Non teñen figuras adultas de quen recibir a axuda escolar que necesitan.
Estes problemas empeoraron no confinamento. Non ir á escola significa perder contacto coas amizades. Deixar de recibir apoio do profesorado e doutros referentes positivos. Significa máis presión para as familias, que viron agravada a súa situación nesta crise.
O actual gasto galego en Educación (1.446 millóns de euros) é inferior ao do ano 2009. Incluso se lle sumamos os fondos Covid achegados polo Goberno de España, non chega para compensar as desigualdades.
Queremos un modelo educativo que teña en conta o alumnado máis desfavorecido. Estes nenos e nenas teñen 6 veces máis risco de abandonaren a escola. O que pedimos é que a escola non as abandone a elas.
Que o goberno da Xunta aumente o orzamento para Educación un 5% cada ano de lexislatura, e que ese incremento estea integramente destinado a medidas de equidade educativa.
Que se reforce a contratación de profesorado titular e de apoio; especialistas de atención psicolóxica e socioeducativa; pedagoxía terapéutica e logopedia.
Prioridade de investimento naqueles centros que, por mor das circunstancias do seu alumnado (contexto desfavorecido, necesidades especiais, orixe estranxeira, etc.), precisen de recursos de apoio máis urxentes.
Que, se é preciso retomar a aprendizaxe a distancia, se garantan os medios técnicos, a atención individual e o apoio emocional para o alumnado con maiores dificultades.
Que o desempeño educativo se mida de agora en diante por nivel de renda, para medir o impacto real da pobreza familiar no abandono escolar prematuro.