Por un futuro digno para todas as mozas e mozos

Urxe un pacto de Estado que protexa á infancia e á xuventude vulnerable. Ningunha moza e ningún mozo sen futuro

Suma a túa firma

Apoiaches coa túa firma a seguinte petición

Dille aos partidos políticos que non abandonen á xuventude extutelada. Por un pacto de Estado que a protexa.

**a túa firma**

95 firmas

Comparte:

   

A vivenda é un dos grandes problemas para a independencia da mocidade. Precisamos vivendas dignas e asequibles para as mozas e mozos con máis dificultades.

O contexto actual, cos altísimos prezos da vivenda, o aumento da cesta da compra, o prezo da electricidade… Pon moi difícil á xente nova a saída independente da vivenda familiar. A idade media de independencia en España sitúase nos 30 anos.

A pesar de que en Galicia a cobertura para a xuventude procedente do sistema de protección pode verse prolongada ata os 21 anos, estas mozas e mozos saen ao mundo sen rede e moito antes ca o resto de persoas da súa idade.

partidos políticos protección juventud extutelada

O futuro constrúese dende a infancia. Apostemos pola equidade na educación.

Queremos un modelo educativo que teña en conta ao alumnado máis desfavorecido. Estes nenos e nenas teñen 6 veces máis risco de abandonaren a escola. O que pedimos é que a escola non as abandone a elas nin a eles. 

O fracaso escolar complica o seu futuro acceso a traballos ben remunerados e estables. Esta dificultade para acceder á estabilidade afecta tamén á autoestima e á saúde mental.

A nosa petición:

Debemos traballar nun pacto de Estado pola xuventude que garanta a posibilidade de construír un plan de vida para as mozas e mozos, con especial atención á mocidade ex tutelada. Hai que xerar xa unha equidade educativa, que lles permita sortear a pesada mochila coa que cargan e que os conduce ao fracaso escolar. Debemos reforzar a atención psicolóxica durante toda a infancia e xuventude. Traballar no acceso á vivenda, como piar fundamental da vida independente e da autoestima da mocidade. Tamén compre garantir o libre acceso á cultura e ás actividades de lecer para as e os mozos que carezan dos recursos necesarios.

Suma a túa firma

Dille aos partidos políticos que non abandonen á xuventude extutelada. Por un pacto de Estado que as protexa.

QUERO FIRMAR