Para todas as nenas e nenos que viven sen o apoio dunha familia, este foi un ano cheo de emocións. Un ano de momentos difíciles, pero tamén de grandes aprendizaxes e de historias compartidas.
Así foi 2020 para estas seis mozas e mozos. Aínda que a vida parase en tantos aspectos, xuntas continúan a prepararse para a vida independente na nosa vivenda do Programa Mentor en Pontevedra.
A súa é unha mensaxe de ánimo e comprensión para todas as nenas e nenos que se viron máis desprotexidas por mor da pandemia. Para todas aquelas que seguen a ser vítimas da violencia e a discriminación.
Temos a esperanza de que 2021 sexa o ano no que venceremos a pandemia. Pero tamén esperamos que sexa un ano memorable para os dereitos da infancia.
Por iso tamén é unha mensaxe de agradecemento a todas as persoas que, dun modo ou doutro, estades a facer deste mundo un lugar máis seguro para todas as nenas e nenos.
Felices festas.
Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.