O compromiso de Igaxes coa axenda 2030

Igaxes traballa para que ningunha nena, neno ou  persoa moza teña que renunciar ao seu futuro por mor da pobreza ou a exclusión social. Esta misión, que é a que nos move, aliña de forma natural a nosa labor cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)

Igaxes por un futuro sostible: Axenda 2030

Desde hai 25 anos, Igaxes traballa para que ningunha nena, neno ou persoa moza teña que renunciar ao seu futuro por mor da pobreza ou a exclusión social. Esta misión, que é a que nos move, aliña de forma natural a nosa labor cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) definidos pola ONU dentro da Axenda 2030.

A Axenda 2030 propón un novo modelo de progreso baseado no equilibrio entre o social, o económico e o ambiental. Ese equilibrio é tamén o eixo que guía a nosa intervención. Acompañamos ás persoas para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida. Ao mesmo tempo, fortalecemos as comunidades e promovemos prácticas sostibles que coiden do planeta e das xeracións futuras. O noso proceso de aliñamento estratéxico cos ODS comezou fai un ano. Isto fixémolo guiados pola metodoloxía SDG Compass e coa participación de todas as áreas da organización.

O resultado deste traballo foi a identificación de once obxectivos prioritarios. Sete de eles xa formaban parte esencial da nosa misión. A nosa causa como entidade está directamente relacionada cos obxectivos 1,3,4,5,8,10 e 17; pero tan importantes como estes, son os ODS nos que non incidimos tan directamente.

obxectivos ods cos que cumplimos

Aliñamento cos ODS

Estamos traballando en promover hábitos e medidas de aforro, reducción de desperdicios, reciclaxe, transición das luminarias a opcións máis sostibles e a mellorar os sistemas de climatización de vivendas e oficinas, entre outras.

Queremos ser máis sostibles. Queremos educar en sostenibilidade reducindo a nosa pegada ecolóxica, mellorando a eficiencia enerxética dos nosos espazos e incorporando hábitos máis responsables no consumo e na xestión de recursos. Por iso, tamén comprometémonos cos ODS 7, 12, 13 e 18  porque sabemos que é necesario ser máis conscientes e traballar no respecto mediombiental.

obxectivos odsaos que nos queremos achegar

Un paso cara a Axenda 2030: Estratexias para un mundo xusto e equilibrado

 

Todo este camiño responde a vontade de ser un axente activo no cumprimento da axenda 2030, pero tamén a un compromiso de futuro: seguir tecendo alianzas estratéxicas con empresas, universidades e administracións que compartan a visión dun mundo máis xusto, equitativo e sostible. 

En Igaxes cremos que o cambio só é posible se se constrúe en conxunto. Por iso, abrímonos a colaborar con todas aquelas entidades que queiran aliñar os seus proxectos de responsabilidade social co impacto real dos ODS, xerando valor compartido e multiplicando o alcance destas accións.

 

¿Queres coñecer máis sobre o noso compromiso coa axenda 2030? Tes disponible aquí o noso informe. Tamén podes atopalo no apartado de Transparencia.

Igaxes. Cambia su vida

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.