tres chicas observan el mar desde un camino. Al fondo del camino se observa un faro rodeado de flores

Referentes: O faro para iluminar o rumbo cara unha vida independente

Na mocidade, é común contar con alguén que nos brinde orientación en momentos difíciles. Ben sexa unha nai, un curmán ou unha irmá. Esa persoa actúa como un faro na costa, iluminando o noso camiño cara á adultez. Con todo, non todos teñen a sorte de contar cun referente de confianza.

En particular, aquelas mozas e mozos que saen do sistema de protección. Esa mocidade que ten que afrontar pola sua contaa unha realidade que non coñecen. Sen unha figura adulta de confianza que os guíe na súa transición cara á vida adulta, moitas mozas e mozos poden experimentar inseguridade de cara o futuro.

É aquí onde o Programa Referentes xoga un papel fundamental. Esta iniciativa conecta a persoas mozas extuteladas con persoas adultas que poidan ser un faro no seu camiño cara á independencia e a madurez. Os e as referentes son adultas e adultos que actúan como mentores e guías. Estas persoas brindánlle a esta xuventude a compañía e o apoio que necesitan para superar calquer obstáculo que se lles presente.

Ao converterte en referente, podes ser esa luz que brille na costa. Ese faro que axude a mozas e mozos a atopar o seu rumbo e a sentirse seguros na súa travesía cara á adultez. A túa presenza e o teu apoio poden marcar unha gran diferenza na súa vida. Crear unha comunidade de apoio e solidariedade que axude aos mozos para construír un futuro mellor é posible.

Faite referente!