12 Xan A Xuventude en risco de exclusión unha das beneficiadas da reforma dos incentivos á contratación laboral
A Xuventude en risco de exclusión, unha das grandes beneficiadas da reforma dos incentivos á contratación laboral
Os mozos e as mozas en risco de exclusión teñen máis dificultades que o resto da mocidade para rematar os seus estudos. Segundo unha investigación presentada pola rede de entidades Jóvenes e Inclusión no 2021, só un de cada 10 rapaces e rapazas en risco están no curso que lles corresponde.
As dificultades escolares, derivadas de dificultades persoais que non se están corrixindo na escola, derivan nunha maior dificultades á hora de incorporarse ao mundo laboral. Este mesmo estudio de Jóvenes e Inclusión apunta a que os contratos deste colectivo teñen unha duración media de 85 días.
Con esta dura realidade temos que celebrar a decisión do Consello de Ministros. Na nova reforma bonifica con 275 euros mensuais á contratación fixa de menores de 30 anos sen formación. En todo caso seguiremos reclamando que a educación cumpra a súa labor de ascensor social. A escola debe facilitar á rapazada en risco saír desta situación sen agardar as catro xeracións que, de media, tárdase agora mesmo en romper esta cadea da exclusión.