Por un ocio inclusivo

O autocoñecemento, a socialización e a autonomía son aspectos fundamentais para que a mocidade desenvolva nos seus momentos de ocio. Estes espazos permiten experimentar, relacionarse e construír a propia identidade. Non obstante, non todas as mozas e mozos teñen acceso a un ocio saudable. Moitos de eles se atopan nunha situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social. Esta desigualdade de oportunidades condiciona o seu desenvolvemento persoal e social, limitando as posibilidades de participar en actividades que fomenten o seu benestar integral.

O tempo libre pode ser moi beneficioso para o crecemento psicolóxico, emocional e social das persoas. Especialmente durante a adolescencia e a xuventude. A través do ocio, a mocidade aprende a xestionar o tempo, a tomar decisións e a relacionarse de maneira positiva co seu entorno. Aínda así, tamén é neste ámbito onde as mozas e mozos poden verse máis expostos a situacións de risco, sobre todo cando non existen alternativas accesibles e acompañamento educativo. O ocio, cando está mal xestionado, pode rematar converténdose nun espazo utilizado de maneira negativa. O uso abusivo das tecnoloxías, ou a práctica de actividades que poñen en perigo a saúde física e mental son algunhas das consecuencias.

Por todo isto, resulta imprescindible reivindicar espazos e actividades de ocio inclusivas. Que sexan de calidade e de fácil acceso para toda a mocidade. Que melloren a súa autoestima, fortalezan habilidades sociais e xeren redes de apoio. É o noso deber derrubar as barreiras económicas, sociais e culturais que impiden o acceso a un ocio en igualdade de condicións.

Programa cofinanciado polo FSE+Galicia

Foto: Agostiño Iglesias