13 Abr Pedimos garantía de acceso a vivenda para a mocidade ex tutelada
Vimos de presentar unha proposta ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo. É necesario que se garanta o acceso á vivenda das mozas e mozos que saen do Sistema de Protección de Menores.
A idade media de emancipación en Galicia é de 29 anos. A mocidade ex tutelada debe asumir a súa saída ao mundo a partir dos 18. E a maioría ten que facelo sen o apoio dunha familia.
Ao non teren casa familiar á que volver, deben afrontar a súa emancipación como un salto sen rede. Por mor da súa situación persoal e á falta de programas educativos específicos, o seu nivel medio de formación é baixo ou moi baixo. Isto lles impide acceder en igualdade de oportunidades ao mundo laboral.
Esta falta de oportunidades de traballo, a curta duración dos contratos e os baixos salarios fan moi difícil asumir os gastos propios da vida independente. As mesmas dificultades se atopan para acceder a unha vivenda. Compartida ou en alugueiro moitas veces non poden achegar avais ou careceren de ingresos estables.
Por iso vimos de presentar ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo:
- a) A xuventude ex tutelada teña acceso directo e gratuíto a vivenda pública cando saia do sistema de protección.
- b) Que teñan acceso preferente á hora de optar ás axudas de ata un 50% da súa renda mensual de alugueiro.
En concreto, solicitamos:
- Que se realice unha reserva de entre un 10% e un 20% do parque total da Rede Galega de Vivendas de Inserción. Estas estarán dispoñibles para o acceso directo de mozas e mozos ex tutelados pola Xunta de Galicia menores de 35 anos.
- Que a duración mínima da súa estadía na vivenda sexa de 2 anos. E que, unha vez finalizado este prazo, se contemple opción de prórroga. Isto será no caso de que a persoa beneficiaria estea desempregada ou non dispoña dun contrato de traballo en vigor dunha duración mínima de 6 meses a tempo completo.
- Que, as mozas e mozos ex tutelados poidan acceder a un 50% da súa renda de alugueiro durante un mínimo de 3 anos. Segundo o previsto no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e dentro da convocatoria de subvencións da Comunidade Autónoma.