21 Mar 25 anos de Programa Mentor: I Congreso Internacional de Transición á Vida Adulta da Xuventude do Sistema de Protección
O Programa Mentor cumpre 25 anos traballando cos mozos e mozas do sistema de protección no seu tránsito á vida independiente. Con motivo deste aniversario, celebrarse en Ourense o I congreso Internacional de Transición á Vida Adulta da Xuventude do Sistema de Protección.
Este I Congreso Internacional sitúase nun momento no que o avance no ámbito da transición á vida independiente da mocidade do sistema de protección é certamente intenso nalgunhas comunidades autónomas do Estado español, mais aínda quedan moitos retos que se deben acordar nesta viaxe cara a autonomía. Así, neste evento abordaranse eses retos desde diferentes ámbitos: académico, profesional, administrativo, empresarial… E demais axentes implicados no proceso.
Por outra banda, contaremos coa presenza de representantes de máis de 30 universidades, escolas superiores e institutos científicos. Ademais, participarán máis de 10 entidades estatais e internacionais do terceiro sector que compartirán os seus coñecementos e experiencias nas mesas redondas.
O evento celebrare na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. O prazo de inscrición xa está aberto e podes apuntarte premendo aquí.