“Non tiña nada planeado: só sabía que tiña que chegar”

Para ir na procura dunha vida mellor, Youssef tivo que deixar atrás o máis importante: a súa familia

A súa é a historia de miles de nenos e nenas que migran sós.  Hoxe ten unha vida en Ourense grazas á súa coraxe e á axuda doutras persoas que estiveron aí para el.

Xavi viviu nun fogar de Igaxes ata que puido emanciparse cun traballo

“O día que marchei díxenlle a miña nai que ía a casa dun amigo”, conta Youssef. “Se lle contase a verdade, nunca me deixaría marchar”.

Só 30 quilómetros separan Tánger de Tarifa. Pero as fortes correntes e os ventos cambiantes son un enorme perigo para a vida. “Saímos ás dúas da tarde e chegamos ás dúas da madrugada. Tivemos moita sorte.”

Case 8.000 persoas perderon a vida intentando cruzar o Estreito nos últimos 30 anos. Pero calcúlase que hai arredor de 20.000 desaparecidos. Detrás de cada cifra, unha vida perdida. E moitas vidas rotas de familias que non volveron saber do seu fillo, dun irmán, da súa nai.

“O máis importante é a miña familia, pero levo dous anos sen vela”

Tras atravesar a península coa axuda dalgúns coñecidos, Youssef chegou hai dous anos a Ourense. O seu primeiro fogar foi un centro de protección de menores da cidade. Alí aprendeu a falar castelán e fixo as súas primeiras amizades. 

Pouco despois trasladouse ao piso tutelado de Igaxes na cidade. Aquí coñeceu a María e a Simo, 

Youssef puido formarse no que el quería. Encontrou o traballo que soñaba con encontrar cando deixou a súa terra. Ten o seu grupo de amigos. Xoga nun equipo de rugby, un deporte que descubriu aquí. Está cumprindo o seu soño de vivir unha vida mellor. 

O sistema non os trata como nenos,
senón como estranxeiros

Pero non todos teñen as oportunidades que tivo Youssef. Pero estes nenos e nenas seguen tendo que superar enormes obstáculos para atopar o seu lugar aquí. Un sistema que non os trata como nenos, senón como estranxeiros.

Enormes tempos de espera, obstáculos para formarse e toda clase de trabas para obter o permiso de traballo. A isto hai que sumar a persistencia dos bulos xenófobos que os identifican como persoas conflitivas.

Ningunha persoa que emigra pode saír adiante se a súa comunidade de destino non a acolle. Pedimos que se implante un Plan Individual de Integración para cada neno e cada nena migrante. 

Cambia a súa vida

Únete a igaxes para cambiar a vida de miles de nenas, nenos e mozos.

Contigo podemos darlles a protección e a educación que necesitan. Xuntos faremos posible que sexan de maiores o que soñan ser.